Educación Plástica

Mar e Ferro

No noso barrio fenés de San Valentín convérteuse na xornada do sábado 15 de marzo nun referente de denuncia da situación do naval na comarca. Fíxoo a través da pintura coa iniciativa “Mar e ferro” organizada polo Centro de Promoción Social (CPS) e Radio Fene no seu 30º aniversario.

Ao abeiro desta iniciativa levouse a cabo o certame de debuxo escolar “Mar e ferro”, que gañaron Aitor Carbón Meizoso, da escola de Sillobre, e Sara Díaz Otero, do noso colexio. Os diplomas conmemorativos entregáronse ás 13.30 horas na carpa instalada no barrio. Ademais, durante a xornada, rapaces e rapazas dos dous colexios procederon ao pintado de dous murais cos deseños gañadores do concurso. A profesora Lucía Sesto acompañou aos nosos rapaces nesta actividade.

A noticia está publicada no Diario de Ferrol, tanto na sua edición en papel como dixital.

 

¡Noraboa aos gañadores!

Libros dixitais de Educación Plástica

No Departamento de Educación Plástica están publicados dous libros dixitais; preme nas iconas para acceder aos contidos.

                             


Distribuir contido