3ª Sesión Quérote +

A pasada semana levamos a cabo a 3ª sesión do programa Quérote + dende as clases de Lingua Galega e Lingua Francesa, o resultado foi enriquecedor e espectacular, as 2 clases de 3º da ESO traballaron conxuntamente na elaboración dun mural co rezo: Desexo e Identidade Sexual.

Nesta sesión aclaráronse aspectos relativos ao desexo e a identidade sexual, e analizáronse e diferenciáronse para comprender e profundizar nos procesos de sexuación.

Acordamos despois desta sesión, por parte do alumnado de 3º da ESO que: A convivencia e o respecto en xeral son fundamentais para construir un mundo mellor, e particularmente é fundamental respectar ao individuo e a súa identidade e orientación sexual.

Acabamos realizando un cartaz con este principio, titulado: Desexo e Identidade sexual.

A continuación podedes ver fotos das sesións: