Skip to Content

Biografía

Suso de Marcos: Biografía

BIOGRAFÍA DE SUSO DE MARCOS

Suso de Marcos: semblanza biográfica.

    

Suso de Marcos naceu en Boimorto ( A Coruña) no ano 1950. O seu nome para a sociedade é Jesús López García, pero o peso do consuetudinario comportamento popular condicionou que desde a súa infancia se engadira ó familiar "Suso" a continuación "de Marcos", tal como era (e é) coñecida a familia do artista desde tempos atrás.

A súa infancia transcorre no medio rural e de forma humilde. Pronto apunta o seu gusto polo traballo de tallado: o seu pai realizaba apeiros de labranza con madeira e o seu fillo, en varias ocasións, mostrou  curiosidade por esa actividade.

Pronto se traslada á veciña cidade de A Coruña, donde simultanea o traballo en talleres de artesanía coa súa formación técnico-artística na  Escola de Artes e Oficios desta cidade. Máis tarde  trasladarase a Madrid (1973 ) e alí, ó tempo que completa a súa formación na  Escola Central, traballa xa con escultores como Pau Paissa, Ortega Bru ou Juan de Avalos. Determinantes na súa formación artística, se nos presentan nesta época as visitas ao Museo do Prado e as viaxes ultrapirenaicas a Italia, Iugoslavia, Grecia, Inglaterra e Francia, na procura do coñecemento das novidades artísticas de vangarda.

En 1975 inicia a súa actividade expositiva e xa en 1976 recibe a terceira medalla en escultura no  Certame Nacional de Belas Artes, celebrado en Madrid.

Sigue viaxando ó extranxeiro e a difusión da súa obra é cada vez maior: Madrid, París, A Coruña, Ourense, Segovia, Cuenca, Guadalaxara... acollen con éxito a súa produción.

En 1979 chega a Málaga para ocupa-la praza de Axudante de Talla (disciplina que busca a formación artesanal do alumno) da Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos. As súas aspiracións artísticas e as súas inquedanzas creativas faranlle proxecta-la creación da disciplina de Talla en Madeira, que superará o límite artesanal e asentarase sobre a finalidade artística. Por méritos propios, obten en 1992 a praza de profesor numerario desta nova disciplina, praza que todavía hoxe segue a ocupar.

Dende o ano da súa chegada ata hoxe, Málaga  presenciou o su crecemento nos dous camiños polos que ven discurrindo a súa relación coa escultura: Por un lado, na súa dedicación á ensinanza, como transmisor de inquedanzas artísticas. Por outro, na súa producción escultórica persoal, á súa vez repartida entre a libre creación e as obras de temática relixiosa que responden a unha demanda pública (non esquezamos o compoñente relixioso da cultura andaluza).

As súas inquedanzas culturais ( exposicións e obras súas lle vinculan á Literatura, á Historia, á Pintura. ..), a súa progresión no emprego de materiais ( primeiro, madera; logo ferro e madeira; máis tarde, cristal, auga, ferro, poliester, metacrilato, luz artificial. ..), as súas frecuentes exposicións e os nomeamentos de carácter académico (ingreso en 1986 na  Real Academia de Belas Artes de San Telmo e en 1991 na Real Academia Galega de Belas Artes de A Coruña ), amosan o seu afán de  progreso e perfeccionamento artístico, así como a súa incuestionable valía como escultor.

Este percorrido pola vida e pola obra de Suso de Marcos quedaría incompleto se non se adicasen estas derradeiras líñas a suliñar o seu altruísmo e empeño en favorecer a aqueles interesados pola cultura: en 1987 crea  Premio de Talla Suso de Marcos, que cada año vense faciendo realidade; en xunio de 2001 entreganse, no CPI Armando Cotarelo de Boimorto, as primeras Axudas ós Estudios Suso de Marcos, que van encamiñadas a contribuir económicamente á formación académica daqueles alumnos con maiores inquedanzas culturais

Anagrama

Suso de Marcos: Anagrama do CPI Armando Cotarelo Valledor

 

O anagrama foi deseñado polo escultor nado no noso concello e residente en Málaga SUSO DE MARCOS.

A continuación o propio autor nolo describe:

         O anagrama é unha simboloxía do Maxisterio. Comeza co principal elemento en torno ó que se desenvolve a aprendizaxe intelectual como é o libro, o que, con un pouco de abstracción, lembra un pórtico nobre con columnas estriadas, dintel e remate de medio punto, que da entrada á casa do saber. A referencia á arquitectura é tamén facer referencia á xeometría, representada polo transportador de ángulos, que conforma no seu interior un ollo, que debe estar sempre aberto á percepción de tódolas canles de interese informativo, por iso recolle no seu iris un detalle dos medios informáticos, tan en auxe.



by Dr. Radut