BASES DO 4º CONCURSO
de fotografía matemática
¿QUEN PODE PARTICIPAR?
O concurso está aberto a todo o alumnado do centro e preséntase a dous niveis:
· Nivel grupo: alumnado de Infantil e dende Primeiro ata Sexto de Primaria. Estes grupos estarán asesorados pola persoa responsable da súa titoría.
· Nivel individual: ESO e PCPI.
TEMA
Ten que estar relacionado coa ciencia Matemática en calquera das súas manifestacións: números, álxebra, figuras xeométricas, corpos no espazo, azar e probabilidade….
As imaxes pódense obter da Natureza ( flores,follas…), da Arquitectura, da Escultura, do Deseño Gráfico, da Artesanía e… en xeral, da vida cotiá. Non estará permitido o uso de cámaras fotográficas nen outros dispositivos móviles que permitan recoller imaxes dentro do recinto escolar, agás que sexa baixo a supervisión dun profesor do centro.
PRESENTACIÓN
Cada persoa ou grupo pode presentar un máximo de dúas fotografías.
Cada fotografía deberá ir acompañada dun LEMA ou FRASE alusivo ao concepto matemático obxecto da fotografía, e deben enviarse ( a fotografía e mailo lema) á dirección de correo electrónico: matematica.fotografia@yahoo.es
PRAZO
Admitiranse fotografías presentadas ata o Martes, 30 de Abril do 2013.
XURADO
Actuarán coma xurado as persoas do Departamento de Matemáticas.
Valorarase a orixinalidade e idoneidade do título, a calidade técnica e plástica da imaxe, o seu contido matemático e maila explicación dada.
PREMIOS
A nivel de grupo outorgarasen premios consistentes en vales de 20 € para cada grupo, para empregar en material didáctico para aula.
A nivel individual outorgaranse dous premios:
· Para o alumnado do 1º ciclo de ESO un MP4
· Para o alumnado do 2º ciclo de ESO ou PCPI un MP5 ou unha cámara fotográfica dixital.
USO DAS IMAXES
As fotografías premiadas serán expostas no centro, quedando a disposición do Departamento de Matemáticas.
O Departamento de Matemáticas resérvase o dereito a empregar as obras presentadas para usos didácticos.
“Las matemáticas poseen no sólo la verdad, sino cierta belleza suprema.Una belleza fría y austera, como la de una escultura.”
Bertrand Russell (1872-1970)
Filósofo, matemático y escritor inglés