Skip to Content

Secretaría

Fondo de libros, axudas para libros e material escolar

Vén de ser publicada a orde 7 de maio de 2024 que regula as axudas para compra de libros e material e a participación no fondo solidario de libros de texto. A modo de resumo das situacións máis frecuentes, poñemos este resumo da mesma á vosa disposición. Entendede que non recolle todas as situacións específicas que desenvolve a orde e que é a esta á que tedes que acudir en caso de dúbida.

A presentación será preferentemente vía telemática, a través de https://sede.xunta.gal, empregando o procedemento ED330B. De facerse de xeito presencial no centro, os prazos recomendables para facelo serán os seguintes:

Educación infantil e primaria: do 27 ao 31 de maio

ESO: do 3 ao 7 de xuño

Podedes descargar aquí os anexos 1 e 2 da citada orde, aínda que tamén estarán dispoñibles en papel no centro.

Calquera dúbida e información, poñédevos en contacto co centro.

 

25/04 - Data publicación listaxes provisionais de admitidos

Informamos de que a data de publicación de listaxes provisionais de admisión no centro é o día 25 de abril. Serán accesibles a cada familia desde a aplicación de alumnado e estarán fisicamente no cortizo de información a familias, a carón do despacho de dirección.

 

 

Comunicacións notas

Lembramos que o cauce oficial de comunicación das notas do alumnado de todo o centro é a través da aplicación abalarmóbil. Se algunha familia desexa obter as cualificacións por escrito, deberá solicitalo á secretaría centro e personarse o adulto responsable para recollelas.

A publicación efectúase de xeito automático ás 14:00 do día de hoxe para a ESO e ás 16:00 para EI e EP.

Un saúdo e feliz Pascua.

Distribuir contido


by Dr. Radut