Con motivo da entrada en vigor da Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo, cómpre elaborar a concreción curricular. Podedes vela premendo AQUÍ
Durante toda esta semana, celebraremos no centro a Semana Cultural, cun programa variado de actividades para todo o alumnado que abranguen distintos campos e temáticas: Teatro, cine, música, danza, circo, encontros con artístas, roteiros artístico-patrimoniais, monológos, exposicións, conferencias, obradoiros,...
Un curso máis,queremos ver rodar pola pista aos vosos bólidos, impulsados única e exclusivamente pola incorruptible forza da gravidade! Organizamos a 2ª edición do concurso de Carriliñas do CPI Alcalde Xosé Pichel! Seguramente xa saibas de que vai o asunto, pero, por se acaso, lembrámosche que consiste en construír un obxecto rodante que baixe pola nosa pista coa única axuda do seu peso e a súa perfecta enxeñaría. Podedes consultar as bases do concurso [1] para ver todo en detalle, a inscrición [2] está aberta para todo o alumnado ata o día 7 de marzo e a competición se desenvolverá entre o 21 e o 25 de marzo. Anímate a participar, haberá cinco grandes premios!
Premios edición 2021/22 Carriliña máis rápida Carriliña máis orixinal Premio ao mellor exercicio de reciclaxe Premio á mellor enxeñería/mellor deseño Carriliña máis lenta
O vindeiro 25 de febreiro celebraremos o Entroido no centro. E para ir comezando, e como xa ben sendo tradición no centro, deixámosvos cos mandadiños da semana:
O alumnado de 4º da ESO, participou nos obradoiros de cinema como vimos facendo nestes últimos anos. 4ºA traballou a temática lésbica e 4ºB, a transexualidade.
O resultados foron dúas excelentes curtametraxes, que podedes ver a continuación:
¡PARABENS AO ALUMNADO!
Departamento de Orientación
PREME NA IMAXE PARA VER OS CARTEIS DAS CURTOMETRAXES
O pasado mes de novembro, celebramos no centro o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller. Deixámosvos un pequeno vídeo sobre a actividade que se organizou para ese día, que podedes ver premendo no seguinte enlace:
O pasado luns, 31 de xaneiro, celebramos no centro o día da paz e a non violencia. Deixámosvos un pequeno vídeo sobre a actividade que se organizou para ese día, que podedes ver premendo no seguinte enlace: