Desenvolvemento dunha escoita consciente na que a aplicación do coñecemento da linguaxe musical encamiñará ao alumnado en contextos sonoros diversos a unha representación interna dos distintos elementos estructurais que interveñen nunha composición musical.

Desenvolvemento das capacidades de expresión vocal.

Desenvolvemento dunha escoita consciente, directamente vinculada aos coñecementos da Linguaxe musical. Recoñecemento dos elementos formais, rítmicos, harmónicos, interválicos, etc en contextos sonoros diversos. Práctica vocal e recoñecemento auditivo dos diferentes parámetros musicais en obras tonáis, non tonáis ou de tonalidade vaga.

Consecución de ferramentas directamente vinculadas á súa aplicación no desempeño do seu futuro labor docente, nos diversos contextos educativos.