Afondamento no estudo e na práctica das técnicas, procedementos construtivos, movementos, escolas e tendencias máis representativas da composición tradicional e contemporánea (acústica e electrónica), a través da análise e da realización de traballos que empreguen formacións vocais, instrumentais e de son de natureza electrónica. Desenvolvemento dunha estética e dunha linguaxe persoal na composición de obras libres

Estudo da obra musical a partir dos seus materiais construtivos e dos diferentes criterios que interveñen na súa comprensión evaloración. Coñecemento e descrición dos diferentes métodos analíticos, e desenvolvemento da súa aplicación á investigación histórica.Estudo do repertorio musical e do seu contexto: principais compositores/as, escolas e tendencias da creación musical.

Estudo e análise da obra musical desde os inicios do século XX ata a actualidade, a partir dos seus materiais construtivos e dos diferentes criterios que interveñen na súa comprensión e valoración. Afondamento nos diferentes métodos analíticos e a súa interrelación con outras disciplinas.

Estudo e análise da obra musical desde os inicios do século XX ata a actualidade, a partir dos seus materiais construtivos e dos diferentes criterios que interveñen na súa comprensión e valoración. Afondamento nos diferentes métodos analíticos e a súa interrelación con outras disciplinas.

Estudo da obra musical a partir dos seus materiais construtivos e dos diferentes criterios que interveñen na súa comprensión e valoración. Coñecemento dos diferentes métodos analíticos e a súa interrelación con outras disciplinas. Estudo do repertorio musical e do seu contexto: principais compositores/as, escolas e tendencias da creación musical.

Desenvolvemento das habilidades harmónico-contrapuntísticas e adquisición de coñecementos que faciliten a percepción, creación, interpretación, reflexión e documentación musicais. Asimilación das principais teorías da organización musical. Realización de traballos estilísticos e libres. Práctica instrumental. Estudo do repertorio no contexto estilístico.

Estudo do marco estético e teórico no que se produce a creación sonora máis recente. Música e arte sonora. Principais xéneros e prácticas artísticas. Propostas interdisciplinares. Perpectivas metodolóxicas para a análise da creación sonora actual.

Estudio del marco estético y teórico musical en el que se produce la creación sonora más reciente. Música y arte sonoro. Principales géneros y prácticas artísticas. Propuestas interdisciplinares. Perspectivas metodológicas para el análisis de la creación sonora actual.