Coñecemento básico da estrutura e función do aparello locomotor e do sistema nervioso. Desenvolvemento de hábitos posturais correctos que minimicen o risco durante a interpretación. Técnicas de respiración, relaxación, autocontrol, optimización da enerxía muscular, concentración e memoria aplicadas ao estudo e á actuación en público.

Coñecemento da morfoloxía, funcionamento, o son e a construción das gaitas; parentescos e diferenzas entre os diferentes tipos de gaitas existentes (punteiros cónicos e cilíndricos, número de bordón, afinacións, etc.). Recoñecemento visual e auditivo das diferentes gaitas e das súas especificidades interpretativas.