II CONCURSO DE MICRORRELATOS: Escribe a historia que hai detrás.
Trátase de contar a historia que che inspira calquera das obras participantes no II Concurso de fotografía (expostas agora no corredor que vai do edificio principal á cafetaría); é dicir, consiste en escribir un microrrelato en galego vinculado á imaxe escollida e ao título da mesma.
- Dirixido a alumnado, persoal docente e non docente do CIFP A Xunqueira.
- Aberto o prazo de participación ata o 29 de febreiro.
- Premio: un vale de 60 euros en produtos culturais.
- Para máis información:
https://blog-biblioteca-cifp-a-xunqueira.tumblr.com/post/734150638631518...