Plano nº3

Plano detalle do trazado de liñas polo CIFP.

Conexionado dos paneis ó inversor:

  • Como os paneis están divididos en dñuas series ou string de 9 paneis cada un se colocarón 4 cables (2 vermellos e dous negros) dende a parede do taller nº2 de automoción ata o interior do taller nº4 de Electricidade. Os cables empregados son Z1Z1-F(AS) 0,6/1KV especiales para paneis fotovoltaicos

Conexionado entre inversor e rede de alimentación AC (para autoconsumo interno)

  • A conexión fíxose no cadro do edificio principal de Electricidade por enriba do IGA deste cadro de 250A. Este IGA esta alimentado directamente dende o cadro principal polo que se decidiu facer a conexión neste sitio para non levar a mangueira ata o cadro principal do CIFP. Tívose en conta os calibre dos IGA moi superiores os consumos reais do CIFP.
  • Para esta conexión usouse unha mangueira RZ1-K(AS) 0,6/1KV 4x10mm2 

Conexionado de comunicacións entre vatímetro, inversor e batería.

  • Para a comunicación entre vatímetro e o inversor usamos un cable de Bus de 2 fios apantallado (BUS RS-485) colocado dende o cadro principal da conserxería e o inversor colocado no taller nº4 do edificio de Electricidade e Electrónica.
  • Para a comunicación entre batería e inversor usamos un cable de 4 pares apantallado. A comunicación entre módulos da batería e o BMS de protección se fai con latiguillos RJ45 co que xa ven dotado a propia batería

Prema na ligazón PLANO3-800x595-TRAZADO DE LÍNEAS (2).pdf para ver o ficheiro.