Esquema de temas

  • O Proxecto

    O Proxecto.

    Obxectivos do proxecto:

    • Realizar a montaxe de dúas Instalacións eléctricas de enlace de edificios de vivendas no interior da Aula-Taller nº3 e con 3 puntos de recarga do vehículo eléctrico pretendemos realizar a simulación dos montaxes prácticos seguintes:
    • Analizar a composición das centralizacións novas que levan sistemas de proteccións contra sobretensións e posibilidades de colocar SPL ó lado da Unidade Xeral de Corte da centralización.

    • Poder realizar con alumnos dos dous ciclos os esquemas de montaxe contemplados na ITC-BT-52 (denominados Esquemas 1a, 1b, 1c, 2, 3a e 3b) sobre como conectar puntos de recarga nun garaxe comunitario dun edificio e realizar a lectura de consumos de cada punto de recarga de xeito que poidamos facturar realmente a quen empregue o punto IRVE para o seu vehículo eléctrico sen repercutir os restantes veciños que non teñen VE.

    • Montar Instalacións de IRVE para consumidores individuais contemplados na ITC-BT-52 segundo esquema 4a (vivenda unifamiliar illada) ou 4b (Un aparcamento dun supermercado p. ex.) con varios puntos de recarga.

    • Analizar como se pode realizar un SPL para unha centralización de contadores existente de fai anos na que a hora de prever a Potencia do edificio no se considerou a demanda enerxética necesaria para os vehículos eléctricos do garaxe, porque naquel tempo non era obrigatorio nin se previña demanda do VE.

    • Realizar unha montaxe nunha centralización de contadores de xeito que os puntos de recarga do vehículo situado no garaxe se controlen dende o cadro da vivenda, esquema ou posibilidade contemplada no RBT de aplicación.

    • Desenrolar de xeito práctico os montaxes de esquema de instalación para IRVE descritos na ITC-BT-52 apartado 3 do Regulamento electrotécnico de baixa tensión.

    • Simular as solucións adoptadas na ITC-BT-52 do Regulamento Electrotécnico para alimentar as IRVE nos garaxes dos edificios de vivendas, locais e garaxe existentes e novos a realizar así como nas vivendas unifamiliares.

    • Realizar unha montaxe de ISF sobre 8,35 KWpico sobre unha estrutura feita de perfilería de aluminio en ángulo de 45º achegada a parede do taller nº2 de Automoción enfronte do edificio do electricidade no patio exterior que hai entre os dous edificios cunha orientación SUR, segundo se detalla nos planos adxuntos no apartado nº5.

    • Poder realizar unha montaxe dunha ISF de autoconsumo no taller por parte de alumnado dos ciclos de electricidade realizando a conexión dos paneis ata o interior da aula taller onde se montará o inversor , sistema de control e visualización de datos así como o rele de anti-vertido.

    • Poder realizar unha montaxe dunha ISF de autoconsumo con carga de baterías para aproveitar os excesos de produción da ISF.

    • Analizar e rexistrar con medidas axeitadas a produción ISF na situación xeográfica do CIFP obténdoos da montaxe realizada.

    • Analizar posibilidade de usar ISF na recarga do vehículo eléctrico.

    • Crear como unha maqueta de montaxe dos dous temas máis actuais e que más demanda de emprego novo existen actualmente nas instalacións eléctricas e na familia de electricidade : Instalacións de autoconsumo fotovoltaico e as Instalacións de recarga do vehículo eléctrico (IRVE en adiante)

    • Server como “maqueta” de entrenamento dunha instalación solar de autoconsumo que se montaxe nun tellado dun edificio de vivendas e que servira de apoio a recarga do vehículo eléctrico.

    • Aforrar enerxía no CIFP Porta da Auga nos meses de verán nos que non existan curso ou clases relativas os contidos de ISF mantendo a instalacións do paneis conectados e servindo de autoconsumo real no CIFP.

    • Server como exemplo de proxecto ou memoria técnica de deseño que alumnos dos ciclos terían que realizar para legalizar a ISF e a IRVE.

    • Realizar a instalación eléctrica dunha vivenda unifamiliar con autoconsumo e con punto de recarga VE estudando os consumos e o aforro que na recarga do vehículo supón, tendo en conta que sin baterías a recarga debería de ser soamente polo día non aproveitando a tarifa nocturna. Estudiar a viabilidade de empregar baterías para poder aproveitar pola noite a ISF.


    • PARTE Nº1 INSTALACIÓN SOLAR FOTOVOLTAICA PARA AUTOCONSUMO

    • CENTRALIZACIÓNS PARA A RECARGA DO VEHÍCULO ELÉCTRICO

    • VIDEOS

      VIDEO Nº1 DA MONTAXE DA ISFV:

       

       


      VIDEO Nº2 DA MONTAXE DA ISFV