Actividades complementarias DIOP

Sin temor a navegar

O alumnado do curso de 1º de FP Básica de Mantemento de Vehículos, participou  na actividade Sin temor a navegar, impartida no Centro de Formación para o Consumo en Vegadeo.

A finalidade deste taller e que os nosos alumnos consumidores a diario da web para gozar de moitos dos servizos que ofrece como correo electrónico, compra online, ocio e tempo libre, … coñezan certas normas básicas de seguridade a hora de garantizar unha navegación segura e libre de incidencias. Realizouse un achegamento a este tipo de prácticas fraudulentas para  coñecer como funcionan e aprender a evitalas mediante o uso de ferramentas adecuadas.

Riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais

O pasado  07 de abril,  Ramón Peña  acudiu o noso centro esta vez para impartir a charla Riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais destinada ao alumndo de 1º curso  dos ciclos formativos do CIFP Porta da Auga.

O obxectivo da actividade foi traballar  a prevención dos principais perigos de internet e proporcionarlles ferramentas para ser consumidores concientes e responsables das novas tecnoloxías. Falouse do ciberbullying, grooming, sexting, sextorsión, privacidade, … co fin de sensibilizar sobre a frecuencia destas ameazas e da necesidade de tomar precaucións.

Laboratorio de residuos

O venres 22 de xaneiro o alumnado de 1º de FP Básica Mantemento de vehículos repite visita ao Centro de Formación para o Consumo en Vegadeo, esta vez para realizar o taller Laboratorio de residuos.

Nel  traballaron  sobre o coñecemento e análise de distintos tipos de residuos, formas, cores, propiedades  e o proceso de reciclado, así como sobre a importancia dunha boa xestión destes. Todo isto levouse a cabo a través da observación directa, dunha maneira práctica e amena.

 

Plan director (Prevención consumo de alcol e drogas)

 

O pasado  14 de xaneiro,  Ramón Peña  impartiu unha charla sobre Alcol e drogas para o  alumnado de 1º curso dos ciclos formativos do CIFP Porta da Auga.

Esta charla enmarcase dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E MÁIS NOS SEUS ENTORNOS.

O obxectivo da actividade foi traballar a prevención do consumo de drogas e dos riscos e problemas asociados a esa conduta; contribuíndo a desenvolver no noso alumnado unha personalidade autónoma, crítica e reflexiva; e desmitificar crenzas erróneas sobre a normalización do consumo de drogas  ampliando  a percepción das consecuencias negativas do consumo.

 

 

Modelos de traballo.

Alumnado do noso centro tivo ontes a opotunidade de participar nun taller impartido por Juan Diego Pereiro Areán (www.WeKAb.com), Roberto Touza (www.nadielabs.es) e  Marta Falcón (www.DestinoCreatividad.com) no que dunha maneira práctica  desenvolveron modelos de negocio usando unha metodoloxía áxil para o emprendemento, facilitándolles que esta e as ferramentas traballadas sexan aplicadas nun futuro nas súas propias ideas de negocio.

 

Haciendo amigos

O 20 de novembro o alumnado de 1º de FP Básica Mantemento de vehículos visitou o Centro de Formación para o Consumo en Vegadeo, para realizar un taller  Haciendo amigos, actividade sobre o uso responsable nas redes sociais  e nos chats.

O alumnado traballou como empregalas con responsabilidade e sentido crítico, gozando das vantaxes que nos ofrecen pero coa seguridade necesaria para que non se vulneren os nosos dereitos.

 

Xornada de formación de autoemprego

O día 03 de novembro o alumnado dos 2º cursos de ciclos superiores de Educación Infantil, Administración e Finanzas e Automoción asistiron a unha actividade enmarcada no “Proxecto Emprendedores”  organizada pola Fundación CEL, Iniciativas por Lugo, un centro de Iniciativas emprendedoras.

A xornada dividiuse da seguinte maneira: nun primeiro momento, o alumnado participou nunha charla   na que  dunha maneira interactiva e participativa lles deron a coñecer o proceso de posta en marcha dunha empresa e adquisición de competencias básicas en persoas interesadas no autoemprego, e isto dunha maneira activa a través de dinámica de  grupos.

Seguidamente visitamos  un viveiro de empresas, instalación con capacidade para acoller máis de vinte proxectos e onde se lles presta axuda aos emprendedores durante os primeiros pasos do seu proxecto empresarial,  e onde tivemos a oportunidade de que un emprendedor nos contase brevemente a súa experiencia así como as vantaxes de empregar este recurso.

Por último, un emprendedor dos que estivo neste viveiro e sacou adiante o seu proxecto, El faro de los tres mundos, impartiunos unha pequena charla na que nos  transmitiu a súa experiencia real destacando sobre todo a necesidade de crear con ilusión e tendo paixón no que se persegue, ter confianza absoluta no proxecto e traballar con  enerxía, optimismo, entusiasmo, deixando fóra os medos a …

Charla sobre Riscos de Internet

O pasado mércores, 8 de Abril, o alumnado de Primeiros Cursos  de Ciclos Medios e Superiores do noso CIFP, asistiron no salón de actos do centro  a unha conferencia para afondar sobre os Riscos de Internet, a cargo do formador da Garda Civil, Ramón Peña. Nela explicarónse cales son os perigos do uso indebido das redes sociais e dos programas de comunicación on line.

Esta actividade enmarcada no Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, ten como obxectivos principais, por unha banda, concienciar ao alumnado sobre a necesidade de incluir na súa rutina diaria en Internet unha serie de consellos para protexer a súa intimidade e información persoal, e por outra, evitar prácticas que, aínda por descoñecemento, podan derivar nun delito.

Ao longo da conferencia, de dúas horas de duración, o alumnado amosou unha actitude participativa, consultando as cuestións que lles ían xurdindo ao escoitar as experiencias do relator.

Actividade igualdade de xénero

O pasado mércores 4 de Febreiro, a Xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno de Lugo, Ana Belén Pacio Rodríguez, foi a encargada de impartir no salón de actos do CIFP  Porta da auga unha conferencia para afondar sobre a igualdade de xénero e a violencia de xénero.

Esta actividade forma parte do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e nos seus contornos, e ten como obxectivos principais sensibilizar ao noso alumnado contra a violencia de xénero e os estereotipos sexistas, así como detectar, previr e ou denunciar situacións de risco.

 

Charla organizada polo Dpto de Información e Orientación profesional

 

Continuando na liña de anos anteriores o noso centro contou onte cunha charla informativa e preventiva sobre Drogas enmarcada dentro do “Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos” impartidas por expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

 Esta charla é a primeira deste curso escolar 2014-2015 e estará seguida por outras charlas informativas/formativas os días 4 de febreiro e 24 de marzo sobre Violencia de xénero e Riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías (especialmente acoso sexual, difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles, venta de menores, prostitución infantil e utilización de menores na pornografía) 

 Estas actuacións teñen a finalidade de favorecer a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial e as propostas do Plan de Convivencia desenvolvidas nos centros.

 

 

 

Distribuir contido