ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO

ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO

Mediante a Resolución do 29 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, dítanse instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional (entre outras) na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023-2024.

 
Os niveis e alcance de dita acreditación son:

  • Iniciación, acreditable de forma completa.
  • Intermedia, acreditable de forma completa ou de forma parcial por áreas de dominio.

 
A acreditación se obtén de oficio do seguinte xeito:

- Nivel de iniciación: co título de FP Básica.

- Nivel intermedio:

  • Co título de técnico superior en calquera perfil profesional.
  • Co título de máster de formación profesional (curso de especialización) sempre e cando acredite dispor dun título de técnico superior.

 
A acreditación do nivel intermedio completo pódese obter:

  • Para alumnado de 2º FP Básica: mediante proba específica do nivel intermedio completo, á que se poderá presentar o alumnado matriculado neste curso 2023-24. 
  • Para alumnado de 2º CM de réxime ordinario que simultaneamente obteña a titulación no presente curso 2023-2024: mediante proba exclusiva da área de dominio 4.

O alumnado destes grupos que desexe realizar a proba específica solicitará a súa inscrición empregando o modelo establecido no Anexo I da devandita Resolución.

No caso de menores de idade deberá contar coa autorización das persoas proxenitoras ou titoras legais.

A solicitude entregarase nas oficinas do centro coa seguinte data e hora límite:

mércores 22 de maio ás 12 horas.
 

O alumnado poderá realizar unha proba de exemplo do nivel intermedio na ligazón:   https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl
 

 
Para calquera consulta ou aclaración, consultade en Dirección.

Volver á aula virtual

Volver á web VPA

Última modificación: Martes, 14 de Maio de 2024, 22:55