Historia

HISTORIA

Naceu o 01-03-1967 no Burgos das Nacións. O C.I.F.P. "COMPOSTELA" ten unha longa e consolidada experiencia na formación do sector da Hostalería, sendo o campo da restauración onde máis éxitos ten acadados.

O Centro foi inaugurado no ano 1967, como Escola Sindical de Hostalería e Turismo de Santiago recibindo o nome posteriormente de I.E.S. COMPOSTELA, e actualmente C.I.F.P. COMPOSTELA. No ano Santo 1971 trasládase ao politécnico de Santiago, onde se imparten clase ao longo de dous anos. No ano 1973 trasladouse á actual sede, que por entón foi creado como Hotel-Escola funcionando só como Escola.

Pódese dicir entón, que nas actuais instalacións iniciou a súa etapa educativa no curso 1973/74, inicialmente iba a ser un Hotel-Escola, integrado na Rede Nacional de Paradores para visitas oficiais.

Na súa etapa anterior e xunto coas ensinanzas de FP1 e FP2 máis tarde, chegaron a impartirse asemade ensinanzas de rama administrativa e comercial que conviviron con outras igualmente da rama e especialidade de hostalería e turismo, tales como por exemplo administración hostaleira que hoxe xa non se imparten pola transformación das ensinanzas nos actuais ciclos formativos de formación profesional específica.

Durante toda a súa etapa como centro, dependeu dos seguintes organismos:
1967-1976: Organización Sindical
1976-1978: A.I.S.S. (Presidencia del Gobierno)
1978-1983: I.N.E.M (Ministerio de Trabajo)
1983-1987: M.E.C. (Ministerio de Educación e Ciencia)
1988-Actualidade: (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia)


Concretando máis o seu percorrido histórico, cabe destacar por exemplo, que no ano 1970, o Centro foi autorizado polo M.E.C.(Ministerio de Educación y Ciencia) para impartir ensinanzas de Formación Profesional reglada de Primeiro Grao. No ano 1976, a Escola foi homologada para Primeiro e Segundo Grao de Formación Profesional, dependendo do Instituo Politécnico de Santiago e no ano 1983 o Centro foi transferido ao Ministerio de Educación y Ciencia e dende ese momento pasa a formar parte da rede de Institutos de Formación Profesional. Pertence por entón ao M.E.C., ata a súa transferencia á Xunta de Galicia, polo R.D. 18/12/1987 pasando a depender dende ese momento, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia tal e como xa se mencionou. Transformouse en centro integrado en virtude do Decreto 325/2003 (D.O.G. de 4 de agosto de 2003)

Por este centro pasaron alumnos prácticamente de toda España e moi particularmente de Asturias, Castela-León, Cantabria, Euskadi e mesmo de Canarias ata que nas respectivas Comunidades Autónomas foron creando centros de formación en hostalería. Aínda así figura entre un dos centros preferidos polo alumnado galego para vir ata Santiago a recibir esta formación, feito demostrado ano tras ano coa demanda de prazas nos diferentes Ciclos Formativos que se ofertan.

Ten na súa traxectoría numerososos alumnos condecorados e cun éxito profesional e empresarial que son o testimonio dun traballo constante e riguroso na formación profesional do sector da hostalería e turismo, fundamentalmente no campo da restauración.

"

Distribuir contido