Que son as licenzas Creative Commons?

As licenzas Creative Commons naceron como un instrumento complementario ao Copyright, non pretenden substituílo, senón simplemente complementalo para facilitar a posibilidade do autor a compartir as súas obras baixo unha serie de condicións.

Se a lei por defecto establece todos os dereitos reservados (copyright), as licenzas Creative Commons indican só algúns dereitos reservados.

Sobre que elementos da Lei de Propiedade Intelectual se estructuran as licenzas Creative Commons?

Aínda que a nivel xeral as leis de propiedade intelectual dos diferentes países son moi similares, en cada país os texto das licenzas Creative Commons está adaptado á lexislación específica do momento.

As licenzas de autor libres establecen determinados usos sobre os dereitos de tipo económico (reprodución, distribución, comunicación pública e transformación).

Que autorizacións establecen as licenzas Creative Commons sobre os dereitos de explotación económica?

  • O usuario é libre de reproducir a obra (copiala)
  • O usuario é libre de distribuír a obra
  • O usuario é libre comunicar publicamente a obra

Nestes casos o autor resérvase o dereito de decidir se o usuario pode ter ánimo de lucro ou non no uso que faga da súa obra (NC e ND). Ademais, o autor tamén se reserva o dereito de establecer unha condición sobre a licenza que o usuario debe poñer á súa obra (SA, xa como autor).

Que elementos de licenza (condicións para a autorización do uso das obras) entran en xogo?

Partindo de catro elementos de licenza existen seis tipos de licenza Creative Commons diferentes.

byRecoñecemento (Attribution). Non se permite o uso das obras sen a referencia aos autores.
ncNon comercial (NC): O autor non autoriza o uso comercial das súas obras.
ndSen obras derivadas (ND): O autor non autoriza a transformación das súas obras
saCompartir Igual (SA): A explotación da obra só se autoriza sempre que, o usuario (seguinte autor) manteña a mesma licenza na divulgación da súa obra.


Cantos tipos de licenza Creative Commons existen?

Coa combinación dos tres elementos de licenza sobre os que o autor pode establecer autorizacións (NC, ND e SA), pódense construír seis licenzas diferentes.

byRecoñecemento (by): Permítese cualqueira explotación da obra, incluíndo unha finalidade comercial, así como a creación de obras derivadas, a distribución das cales tamén está permitida sen ningunha restrición.
by-ncRecoñecemento - NoComercial (by-nc): Permítese a xeneración de obras derivadas sempre que non se faga un uso comercial. Tampouco se pode utilizar a obra orixinal con finalidades comerciais.
by-nc-saRecoñecemento - NonComercial - CompartirIgual (by-nc-sa): Non se permite o uso comercial da obra orixinal nen das posibles obras derivadas, a distribución destas debe realizarse con unha licenza igual á que regula a obra orixinal.
by-nc-ndRecoñecemento - NoComercial - SinObraDerivada (by-nc-nd): No se permite un uso comercial da obra orixinal nen a xeración de obras de obras derivadas.
by-saRecoñecemento - CompartirIgual (by-sa): Permítese o uso comercial da obra e das posibles obras derivadas, a distribución debe facerse con unha licenza igual á que regula a obra orixinal
by-ndRecoñecemento - SenObraDerivada (by-nd): Permítese o uso comercial da obra pero non a xeración de obras derivadas.

Que licenza debo utilizar?

Para cada obra o autor pode decidir unha licenza diferente, aínda así, chegar a un acordo sobre cal é a mellor licenza a utilizar por todos simplifica a identificación dos posibles usos que sobre unha obra se poden realizar.

Cales son as licenzas máis utilizadas en educación?

En educación o tipo de licenza libre máis utilizado é a Licenza Creative Commons BY-NC-SA, aínda que xa existe experiencia e documentación ao respecto que desaconsella utilizar o condicionante NC, como podemos ver no documento "Los argumentos a favor del uso libre: Razones por las que no usar una licencia Creative Commons -NC" [1], sendo ounha posible opción a licenza BY-NC.



[1] http://freedomdefined.org/Licenses/NC/Es

Última modificación: Thursday, 21 de July de 2016, 13:11