Coa finalidade de dar unha resposta máis axeitada e próxima á comunidade educativa, así como, na procura de optimizar os recursos é polo que se fai a seguinte proposta de formación na que se contará coa participación da inspección, do Equipo de Orientación Específico (EOE) e dos centros de formación e recursos do profesorado (CFR)  para dar formacións aos xefes e xefas do departamentos de orientación da provincia de Pontevedra.

Este curso pretende contribuir á formación continua para a abordaxe do TDAH por parte do profesorado dos centros de EI, EP, ESO, Bacharelato e FP. Está organizado dende INGADA e ten lugar os xoves de outubro de 2018 no salón de actos do CFR de Pontevedra. 

Preténdese que o aprendido sexa aplicable fácilmente e adaptable á realidade particular de cada centro educativo, de cada aula e asemesmo de cada mestre.

A formación será unha combinación de teoría e práctica. Consta de 4 módulos teórico-prácticos . Unha vez rematada a parte de formación todo o alumnado deberá realizar un proxecto final de xeito individual que se especificará posteriormente ó inicio do curso.

A totalidade de horas de duración serán 25.

Como todos os anos o CFR de Pontevedra desenvolve esta acción formativa co obxectivo de fomentar e favorecer a atención á diversidade dende un enfoque inclusivo. A creación de contornas inclusivas implica a participación de toda a comunidade educativa así como das entidades que centran a súa labor no eido da atención á diversidade.