Competencia comunicativa. O texto escrito en interacción co compoñente visual

Procesos mentais asociados e tratamento das dificultades en lectoescritura.

Experiencias de aula. Prensa e blogues. Deseño de actividades.

Obradoiro de lectura e escritura en rede.

Obradoiro de escritura creativa

Os profesores de secundaria adoitamos expresar moitas queixas relativas á competencia comunicativa dos alumnos, unhas veces ás habilidades escritas (redacción, ortografía, comprensión lectora...), outras ao vocabulario ou á pobreza expresiva e outras á actitudes que, no fondo, tamén teñen que ver coa comunicación (atención, escoita activa, participación, razoamento verbal..). A boa noticia é que estas habilidades pódense traballar dende todas as áreas, e serán tanto máis efectivas canto máis profesores nos impliquemos na cuestión. A chegada dos programas plurilingües teñen revitalizado este interese, a partir dun enfoque, o tratamento integrado de linguas (TIL) e de linguas e contidos (TILC) que tamén afecta áslinguas maternas.

O CFR de Pontevedra colabora co Salón do Libro infantil e xuvenil na realización, ao longo do mes de novembro, de tres actividades de formación do profesorado, en relación á promoción da lectura nas aulas.

contrasinal: BE2017

Competencias profesionais: Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Afín; Investigador/a e innovador/a - Investigación formativa. TAC e Afín. 

Obxectivos

1.Afondar no concepto de biblioteca escolar como centro de recursos de información e aprendizaxe e como espazo para o fomento da lectura.

2.Vencellar os servizos e programas da biblioteca escolar co desenvolvemento curricular, as competencias básicas e o proxecto educativo de centro.

3.Reflexionar sobre a influencia que as novas tecnoloxías exercen sobre a lectura na sociedade da información e coñecer os principios da alfabetización informacional.

Contidos

1.A biblioteca escolar, centro de recursos para a información, o fomento da lectura e a aprendizaxe. Recurso básico para o proxecto lector de centro. Punto de encontro da comunidade escolar.

2.A biblioteca escolar, un recurso para o tratamento do currículo.

3.Educación documental. Alfabetización informacional.

4.Deseño e planificación dunha actividade para levar á práctica e valoración da experiencia.