Esquema de temas

  •  O1505044 Harmonía moderna e jazz aplicadas ó piano

    Xustificación

    O estudo da música moderna e o jazz é, a día de hoxe, unha materia pendente dentro das ensinanzas que ofrecen os conservatorios de música; isto é, contar cunha materia ou varias que lle ofrezan ao alumno unha formación e coñecemento da música moderna, entendendo por moderna a música do S.XX e XXI, na que tanta relevancia ten o jazz con todas as súas ramicacións. Certo é que no currículo do grao superior está implantada a especialidade de jazz. Algúns centros profesionais ofertan como asignatura optativa o estudo de jazz, pero soamente no último curso. É, polo tanto, evidente a ausencia desta ensinanza ó longo de todo o grao elemental e profesional.

     

    Obxectivos

    1.  Coñecer os elementos básicos do Jazz e da Música Moderna: ritmo, harmonía, forma, textura, timbre¿ Improvisar sobre ciclos harmónicos e temas estándar.

    2.  Interpretar e improvisar temas de Jazz e de música moderna. Harmonizar e rehamonizar pezas populares e obras de clásico do repertorio incluído na programación do centro.

    3.  Superar o academicismo da denominada "música clásica" para descubrir sobre esta as diferentes paletas de cores e decatarse da conexión e parecido coa definida como "jazz". Optimizar os recursos existentes no conservatorio en prol dunha

     

    Contidos

    1.Análise e traballo sobre aspectos técnicos, formais, estilísticos, compositivos, estéticos, interpretativos de pezas de música moderna e jazz.

    2.Análise e intepretación de pezas de todos os estilos musicais, conseguindo improvisacións medianamente fluídas sobre elas.

    3.Coñecemento e estudo do cifrado americano.

    4.Coñecemento dos acordes, funciós tonais, tensións, progresións armónicas.

    5.Estudo das escalas modais, a escala pentatónica maior, a escala pentatónica menor e a escala de blues.

    6.Estudo e recoñecemento auditivo de patróns de acordes.

    7.Improvisación sobre ciclos harmónicos e temas estándar.

    8.Harmonización e reharmonización de pezas populares e obras clásicas do repertorio incluídas na programación dos departamentos.

    9.Análise pormenorizada dunha peza de calquera época histórica (Barroco, Clasicismo, Romanticismo...)

    10.Búsqueda, análise e interpretación de partituras non incluídas nos programas como ferramenta de utilidade didáctica.

    11.Búsqueda, recopilación e elaboración de novos materiais didácticos para a súa aplicación na aula.

    Coordinadora: RODRÍGUEZ BOADO, CRISTINA MARÍA

    Relator: MEDELA CRISTOBAL, ALFONSO

    Asesora: CALLEJA LAMEIRAS, CARMEN

    Nome: CMUS Profesional de Ourense
    Enderezo:  Rúa Pablo Iglesias s/n - Lagunas
    Localidade: Ourense
    Concello: Ourense
    Enderezo electrónico: cmus.ourense@edu.xunta.es
  • Tema 1