PROBA DE CLASIFICACIÓN, CURSOS CALC 2012- 2013

O profesorado que teña coñecementos previos de inglés ou francés e non conte cun certificado acreditativo, poderá inscribirse para realizar unha proba de clasificación aos efectos de preinscrición no curso CALC do nivel que corresponda. Os interesados en realizar a proba de nivel do CFR de Lugo deberán inscribirse na actividade L1202003.

A proba terá lugar o 7 de setembro de 2012 no CFR de Lugo (rúa Doutor Yáñez Rebolo, 31), ás 13:00h.Máis información.