Este curso pretende salientar a importancia da biblioteca escolar como ferramenta privilexiada para a atención á diversidade, especialmente ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Tamén busca analizar as características dunha auténtica biblioteca inclusiva, e ofrecer estratexias, ferramentas e experiencias prácticas que promovan unha biblioteca inclusiva como estratexia didáctica para atender a diversidade.