Este curso pretende implementar o novo modelo de biblioteca escolar que representa un ambiente de aprendizaxe multidisciplinar, centro de recursos (de lectura, informacion e aprendizaxe) e un espazo para a vivencia da cultura da información. Tamén buscar integrar as tecnoloxías da información e da comunicación na organización e funcionamento da biblioteca escolar e nas actividades para a lectura e a formación en medios e información.