Formación e Orientación Laboral é un módulo que se impartirá ao alumnado de primeiro curso do Ciclos Medio de Electromecánica de Vehículos e do Ciclo Medio de Xestión Administrativa.

En liñas xerais, neste módulo analizaremos os principais aspectos da prevención de riscos na contorna laboral, aproximaremonos ao dereito do traballo dende un punto de vista práctico e apenderemos a interpretar recibos de salarios. Así mesmo, realizaremos actividades que nos axuden a orientar o noso futuro profesional.