• Comezamos

    A radio escolar e un espacio metodolóxico onde os estudantes poden levar a cabo diferentes proxectos, sendo os protagonistas do mesmo. Isto convírrtea nunha forma innovadora de facer uso das ferramentas de Tecnoloxía da Información e Comunicación (TIC). Saber cómo facer un programa de radio escolar permite que os alumnos melloren as súas habilidades de comunicación tanto escrita como oral, como tamén mellorar as súas habilidades de expresión artística e de creatividade.

    A través da radio os alumnos poden tratar temas concernentes non só do que estudian, tamén poden abordar temas sobre a comunidade onde viven, o medio ambiente, ciencia, entretementos e outros. Aprender como facer un programa de radio escolar, é unha estratexia educativa que favorece os procesos pedagóxicos, organizativos, comunicativos dos estudantes, os profesores e de todo os que forman parte da comunidade educativa, é dicir, é unha experiencia que favorece a innovación e a interacción.

    Consellos para empezar na radio

    • Empezar por programas curtos ou microprogramas
    • Comezar con podcast e máis adiante streaming
    • Preparar a música e probar o volume de voz antes de grabar
    • Grabarnos primeiro para ver como sona a nosa voz, revisar dicción, velocidade ao falar...
    • Engadir anuncios educativos: ecoloxía, saúde, civismo...
    • Usar unha frase de despedida diferenciadora
    • Seccións diferenciadas por música