DEMOSTRACIÓNS MUSICAIS

Ola a tod@s. Xa queda menos. Ánimo!

Despois dun fin de trimestre "distinto" veñen unhas vacacións tamén "distintas" pero ben merecidas.

Espero que disfrutarades facendo algunha das actividades que vos propuxen. Encantaríame saber se practicastes algunha canción con percusión corporal, se fixestes algún instrumento, se aprendestes algún xogo de mans, se practicastes ritmos, se tocastes a frauta ou outros instrumentos, que música escoitades,  se inventastes algunha canción... Para iso podedes mandarme fotos ou vídeos a este correo musicacaselles@gmail.com

Ademais déixovos estes divertidos xogos para crear as vosas composicións musicais. Cando pulsas os cadros ou rectángulos (dependendo do xogo) estes vanse iluminando e soan. Veña, a crear!  FELICES VACACIÓNS!

https://musiclab.chromeexperiments.com/Song-Maker/

https://musiclab.chromeexperiments.com/Melody-Maker/

 

https://tonematrix.audiotool.com/