Cambios na xestión dos contactos estreitos Covid-19 no ámbito educativo

Dende hoxe, luns 7 de marzo do 2022, non se realizará a identificación dos contactos estreitos do alumnado. Isto débese ao acordo acadado o pasado 1 de marzo pola Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial, no que se establece a necesidade de dirixir as actuacións a protexer á poboación máis vulnerable, reducindo as medidas que se están a levar a cabo na poboación xeral. Considéranse ámbitos vulnerables os centros sanitarios, centros sociosanitarios e outros centros con persoas institucionalizadas (centros penitenciarios).

Polo tanto, ao non considerarse os centros educativos como ámbitos vulnerables, NON se realizará a identificación dos contactos estreitos e serán os propios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos para que extremen as medidas de prevención.

 

No seguinte enlace adxunto podedes consultar as recomendacións preventivas para contactos estreitos da COVID-19.