DESPEDÍMONOS

Ola a tod@s. Estamos na última semana do curso tan " distinto" que nos tocou vivir.

A verdade é que as clases presencias son insustituibles pero non houbo máis remedio que adaptarse á nova situación. Durante estes meses propuxéronse actividades para seguir conectados coa música dende a casa.

Moitísimas grazas a tod@s, familias e  alumnado, pola vosa implicación e colaboración, polo voso esforzo, interese e traballo que así mo demostrastes coa cantidade de videos e fotos que  enviastes.

Espero que pasedes un bo verán e que en setembro poidamos vernos no cole.

 

Aquí vos deixo a última proposta musical do curso:

Seguro que recoñecedes moitos dos personaxes de debuxos animados que aparecen nesta imaxe

 

A orquestra do Carnegie Hall ( sala de concertos de Manhattan, Nova York) interpreta esta peza onde aparecen fragmentos de 43 cancións de series de debuxos animados moi coñecidas. A ver cantas recoñecedes!