VISTA E OÍDO CON DON LU MUSICAL

Ola a tod@s. Xa estamos na última semana de maio!

Encántanme os instrumentos que fixestes: Sodes uns artistasGuiño. Moitísimas grazas por seguir colaborando e participando nas actividades musicais.

Xa sabedes que, voluntariamente,  podedes enviarme imaxes ou pequenos videos ao correo musicacaselles@gmail.com Non esquezades decir se autorizades ou non a súa publicación por se nalgún momento se pode facer unha montaxe con eles.

 

Para esta semana propóñovos agudizar a vista e o oído con propostas de DON LU MUSICAL ( xa sabedes que podedes escoller, según a dificultade e facer a que máis vos apeteza)

 

Déixovos en 1º lugar un musicograma RITMO BURGUER onde aparecen imaxes en vez de figuras musicais . Só tedes que seguir as instruccións para ler  as palabras rítmicamente.

Atentos que comezamos!

 

Espero que non vos dera fame a actividade anterior!

Agora imos co oído: Nesta actividade teredes que diferenciar polo seu timbre animais, obxectos, voces e instrumentos. Podedes ir anotando ou debuxando nun folio as respostas.

 

 

Vista e oído preparados porque agora ben un ditado musical: teredes que escoitar as notas sol e mi e ir anotando en cada exercicio que tarxeta soa. Comezará, primeiro con dous sons, logo tres e por último catro.

E para rematar ides utilizar un bolígrafo e as mans para facer este acompañamento que vos propón Don Lu . Está moi ben explicado. Seguro que alguén é capaz de facelo! ( a partir de 3º ou 4º)