MUIÑEIRA EN FAMILIA

Ola a tod@s. Comeza unha nova semana!

Coma sempre, o primeiro que teño que facer e agradecer a vosa colaboración e participación nas actividades que vos propoño. Durante esta semana irei poñendo enlaces para que poidades ver algúns dos  videos que me enviastes.

PROPOSTA MUSICAL PARA ESTA SEMANA

O próximo domingo é un día moi sinalado, 17 de maio, o día das Letras Galegas! Por iso vos propoño un novo reto : muiñeira en familia.

Xa sabedes que a muiñeira é a danza máis representativa do baile tradicional galego. Encantaríame que aprenderades algúns pasos de muiñeira . Déixovos dous videos con dous profes de baile galego para que vos axuden: Un de Luis Prego e outro de Artur Pastoriza Puga.

Neste video, Luis Prego vos ensinará 4 pasos ou puntos e dous paseos para bailar unha muiñeira.

Neste enlace Muiñeira para os máis pequenos accederedes a un video onde de Artur Pastoriza Puga vos vai ensinar varios pasos de muiñeira  e distintas combinacións. As  propostas van de menor a maior dificultade.

  Animádevos, é moi divertido!

Tedes esta semana para practicar. Despois, se queredes,  mandádesme un video  curto cos vosos pasos de muiñeira en familia. O prazo para enviar os videos será o proximo luns 18. (Se tedes algún problema para envialos podedes facelo  por we transfer).

Déixovos dúas muiñeiras para que practiquedes os puntos. (Cando hai letra, os puntos báilanse na copla).

E agora .... unha canción dos Carunchos  sobre a nosa lingua " Podes falar en galego"  para que cantedes. Ten ritmo de rumba e tamén podedes animarvos a bailala! 

Premede para ver a letra

letra da canción