RITMO NA MESA!

Ola a tod@s!  Que tal vos foi na fin de semana?

Quero agradecervos a vosa colaboración e participación nas actividades musicais que facedes na casa. Sodes xeniais!

           Preparad@s para facer música na casa?

Esta semana propóñovos dúas actividades de ritmo(escollede unha). Ademais do corpo, necesitaredes  un garfo e unha culler ( mellor de madeira) que se poden facer soar golpeando na mesa, nunha caixa de cartón, nun vaso de plástico....

A 1ª actividade é para acompañar  unha polka.

Primeiro, tal e como aparece no video:  palmas, palmas no peito ou palmas na mesa. Fácil, non?  Agora  xa podedes coller o garfo e a culler para acompañar : Cando aparece a cor azul golpeamos coa culler, a  cor vermella co garfo e a cor amarela golpeamos o garfo contra a culler.

 

 

A 2º actividade é para acompañar un tema tradicional de Luar na Lubre, titulado "Ronsel".

Para que saia ben ides seguir uns pasos , xa que a melodía é rápida:

  • Primeiro hai que escoitar a peza para ir collendo o pulso e despois tocar con palmas onde aparecen o garfo e a culler e " shh" nos silencios.
  • Despois practicar só a parte do garfo, logo a da culler ....  ata que saia ben e xa poidades tocala enteira.
  • Como xa vos sae perfecto, agora podedes crear vos! ( outros lugares nos que percutir, escoller outros obxectos..)