MATERIAL POR NIVEIS (CURSO 2023-2024)
Enviado por admin1 o Lun, 04/09/2023 - 23:26LISTAXE LIBROS DE TEXTO_CURSO 2023_24
Enviado por admin1 o Xov, 29/06/2023 - 10:02Poden consultar a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso.
A listaxe de material sairá nos primeiros días de setembro.
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2023 - 2024
Enviado por admin1 o Lun, 19/06/2023 - 15:41A partir do 20 de xuño de 2023 e ata o 30 do mesmo mes, poderán formalizar a matrícula para o curso 2023 - 2024.
Teñen que realizar este trámite os/as alumnos/as novos/as no centro; é dicir, o alumnado que entra en 1º de EP e o alumnado de calquera outro nivel procedente doutros centros e que foi admitido no prazo de admisión correspondente.
Deberán presentar a seguinte documentación:
ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS E PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS
Enviado por admin1 o Lun, 19/06/2023 - 15:24O mércores, día 21 de xuño, entregaránselle ao alumnado as cualificacións do curso 2022- 2023, e as mesmas poderán ser consultadas tamén, polas familias, a través da aplicación ABALAR a partir das 15h do mesmo día.
ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023 - 2024
Enviado por admin1 o Dom, 21/05/2023 - 22:07Ata o 21 de xuño de 2023 estárá aberto o prazo de solicitude de axudas para adquirir libros de texto ( 1º e 2º de E.Primaria), material escolar (todos os niveis) e préstamo de libros (3º e 4º),para o curso 2023-2024.
PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023- 2024
Enviado por admin1 o Lun, 15/05/2023 - 14:32Dende esta mañán están publicadas as listaxes definitivas de admisión para o curso 2023 - 2024
.Estas listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios, sito no vestíbulo do centro, ou a través da aplicación informática admisionalumnado ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN CURSO 2023-2024
Enviado por admin1 o Lun, 24/04/2023 - 11:22Mañán, 25 de abril, publicaranse as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido no centro para o curso 2023-24.
Estas listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios, sito no vestíbulo do centro, ou a través da aplicación informática admisionalumnado ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
Contra estas listaxes poderá presentarse reclamación ante o consello escolar durante os 5 días hábiles seguintes á súa publicación.
ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024
Enviado por admin1 o Lun, 27/02/2023 - 13:58INÍCIASE O PROCESO DE ADMISIÓN NESTE CENTRO PARA O CURSO 2023-2024.
O prazo estará aberto do 1 ao 20 de marzo.
Teñen máis información no documento adxunto e no taboleiro do centro.
XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2023
Enviado por admin1 o Mér, 08/02/2023 - 13:52INFORMAMOS DE QUE O VINDEIRO MARTES, 14 DE FEBREIRO, ORGANIZAREMOS A XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO NOVO.
RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2023 - 2024
A partir de hoxe, 16 de xaneiro de 2023, iniciase o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso 2023-2024 (segundo a Orde do 21 de outubro de 2022).
Entre o 16 de xaneiro e o 4 de febreiro levarase a cabo o proceso de RESERVA de praza, que só afecta ao alumnado que cambia de etapa (de 6º de EI a 1ºde EP e de 6º de EP a 1º da ESO) e desexa continuar os seus estudos nos centros adscritos aos que xa está matriculado na actualidade; é decir que desexan reservar praza no CEP Marcos da Portela ou no IES Luís Seoane.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »