Blogues

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO 2º NIVEL

AS REUNIÓNS DE 2º NIVEL REALIZARANSE NO SALÓN DE ACTOS, EN DÚAS QUENDAS, O VINDEIRO MÉRCORES, DÍA 9.

SÓ PODERÁ ASISTIR UN FAMILIAR POR ALUMNO/A QUE DEBERÁ ENTRAR POLA CANCELA PRINCIPAL COA MÁSCARA OBRIGATORIA, DESINFECTANDO AS MANS NA ENTRADA E RESPECTANDO AO MÁXIMO AS DISTANCIAS DE SEGURIDADE.

DEBERÁN TRAER UN BOLÍGRAFO PARA CUBRIR OS DIFERENTES IMPRESOS QUE SE LLES PROPORCIONARÁN NO CENTRO OU BEN PODERÁN TRAELOS XA CUBERTOS DA CASA, XA QUE SE VAN COLGAR NESTA WEB PARA DESCARGAR.

 

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO 1º NIVEL

AS REUNIÓNS DE 1º REALIZARANSE O VINDEIRO MÉRCORES, DÍA 9, NAS RESPECTIVAS  AULAS E EN DÚAS QUENDAS, QUE SERÁN ORGANIZADAS SEGÚN A INICIAL DO PRIMEIRO APELIDO DO NENO E NENA,  RESPECTANDO OS GRUPOS QUE XA HABÍA NO CENTRO FINA CASALDERREY.

SÓ PODERÁ ASISTIR UN FAMILIAR POR ALUMNO/A QUE DEBERÁ ENTRAR POLA CANCELA DO PATIO DE 1º COA MÁSCARA OBRIGATORIA, DESINFECTANDO AS MANS NA ENTRADA ERESPECTARANDO AO MÁXIMO AS DISTANCIAS DE SEGURIDADE.

LISTAXES DE MATERIAL DOS DIFERENTES NIVEIS

As listas publicadas anteriormente tiñan un erro no ISBN do caderno de Música , tamén se  eliminou unha libreta raiada para Inglés por unha carpeta de 30 fundas plásticas en 5º e 6º; estas son as definitivas.

 

AXUDAS MINISTERIO 2020-2021

ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO:

QUENDAS PARA A ENTREGA DE VALES E LIBROS DE TEXTO. CURSO 20_21

Mércores, 2 de setembro: 1º (de 9.30h a 11.30h) e 2º de primaria (de11.30h a 13.30h).

Xoves, 3 de setembro: 3º (de 9.30h a 11.30h)  e 4º de primaria (de 11.30h a 13.30h).

Venres, 4 de setembro: 5º (de 9.30h a 11.30h) e 6º de primaria (de 11.30h a 13.30h).

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO 2020_21

  • Estamos a elaborar os diferentes protocolos para o comezo de curso. Nos primeiros días de setembro colgarémolos na web e enviaremos un Abalar Móbil para comunicar que poden consultalos.

AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

 

 Poden consultar no centro a listaxe de solicitudes de axuda para libros e material escolar concedidas e excluídas:

  • A partir do día 10 de xullo a listaxe provisional.
  • A partir do día 15 de xullo a listaxe definitiva.

Tamén poden facer esta consulta a través da páxina da Xunta (edu.xunta.es educación > fondolibros > cidadán) 

MATRÍCULA 2020 - 2021

O prazo de matrícula para o vindeiro curso 2020 - 2021 será do 1 ao 10 de xullo.(Só para o alumnado novo no centro)

DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE APORTAR:

. IMPRESO DE SOLICITUDE (poden descargala clicando no título deste artigo MATRICULA 2020-2021)

. Impreso de autorización do uso da imaxe (poden descargala clicando no título deste artigo MATRICULA 2020-2021)

. 3 fotos actuais tamaño carnet.

. Fotocopia da tarxeta sanitaria

. Certificado médico (enfermidades infectocontaxiosas e vacinas)

 

Distribuir contido