Esta fin de semana hai unha morea de actividades culturais en Ribeira. Aquí van algunhas:
Contacontos
“Matías, un pitiño diferente” de María Canosa
Data: 15 de maio, sábado
Hora: 12.00 h
Lugar: Centro Cultural Lustres Rivas
Maxia
“As Nosas Letras” Mago Teto 19.00 h
Data: 15 de maio, sábado
Hora: 19.00 h
Lugar: Auditorio Municipal
Monicreques
“O gato simple”, Títeres Cascanueces
Data: 16 de maio, domingo
Hora: 19.00 h
Lugar: Praza do Concello
Contacontos e obradoiro
“Arredor de Xela” de Raquel Queizás
Data: 17 de maio, luns
Hora: 12.00 h
Lugar: Praza do Concello
Para participar en calquera das accións é imprescindible inscribirse previamente enviando un correo a: normalizacion@ribeira.gal
O uso de máscara e distancia de seguridade é de obrigado cumprimento.
Un saúdo
Alicia Padín Otero
Servizo de Normalización Lingüística
Concello de Ribeira