O CEP Plurilingüe de Carreira é un centro de primaria situado no concello de Santa Uxía de Ribeira, na parte norte da Ría de Arousa.
Este centro é dunhas dimensións pequenas, polo que o seu alumnado ronda un número cercano á media centena e atópase inmerso na incrible paisaxe que debuxan tanto o Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán como o Parque Nacional das Illas Atlánticas.
O CEP Plurilingüe de Carreira ten o seguinte catálogo:
- 3 unidades de primaria.
- 9 mestres e mestras entre xeneralistas, especialistas e itinerantes.
LOCALIZACIÓN
Para poder chegar ao noso centro só tés que coller a Autovía do Barbanza ata a súa última saída en Ribeira e seguir en dirección Carreira-Aguiño. Tan pronto entres en Carreira poderás vernos á túa dereita.
Podes guiarte polo seguinte mapa:
Ver CEP de Carreira en un mapa más grande
Ou ben, tamén podes configurar o teu GPS (sempre antes de porte en marcha) e marcar as seguintes coodenadas:
LATITUDE: 42° 32' 41.5536"
LONXITUDE: -9° 0' 42.7242"