O venres 12 de abril celebrouse o Campionato provincial de cros no circuíto Virxe do Loreto en Porto do Son.
O CEP Brea Segade participou co alumno de 6º curso, Breixo Couso Ordóñez, acadando o noveno posto entre 90 rapaces da súa categoría que participaban na proba. É un gran logro a nivel deportivo para o noso centro e persoal para o noso alumno.
Parabéns Breixo!!!
enlace noticia [1]