BECAS NEAE

Estimadas familias:

Desde o pasado día 30 de abril e ata o vindeiro 13 de setembro estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes das Becas e axudas para o alumnado NEAE.

LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO

Estimadas familias:

Queremos informarvos de que xa está publicada a lista d@s admitid@s para o vindeiro curso 24/25 no taboleiro de anuncios do interior do centro. Podedes entrar a consultala cando queirades.

Todo o alumnado que presentou a solicitude foi admitido.

Vacantes curso 24-25

O noso centro

Procedemento de Admisión

Prazo de matrícula do 1 ao 20 de marzo.

  A normativa que regula este procedemento é a seguinte:

             Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión e alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006 , do 3 de maio, de educación.

           Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

              Para presentar unha solicitude deberase seguir algunha destas opcións:

Na solicitude poderán pedir ata seis colexios por orde de preferencia e entregarase no centro solicitado en primeiro lugar. Cada unha é única para cada alumno/a (polo tanto non se pode presentar en varios colexios), ten carácter vinculante e a súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

Só se podería presentar outra se se renuncia á solicitude anterior (para iso tería que indicalo no recadro correspondente na nova solicitude que se presente). A existencia de varias solicitudes (sen que haxa renuncia) poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento.

Esta é toda a documentación necesaria que deberán presentar no noso centro.

Ademais, poderán recoller no colexio a partir do día 27 de febreiro tanto a solicitude coma os impresos para cumprimentar do noso centro.

O alumnado que este ano estivo matriculado no noso centro ten dereito de permanencia, polo que xa ten automaticamente reservada praza para o vindeiro curso no noso centro.

A área de influencia é o conxunto de todos os domicilios catastrais aos que se lle outorga a maior puntuación polo criterio de proximidade ao centro educativo. A zona de influencia do noso centro é a parroquia de Cans, parroquia de Carracido e as rúas do casco urbano ata a vía do tren agás as incluídas na área de Influencia do CEIP Plurilingüe de Atios. Máis concretamente sería así:

ZONA DO CEIP PLURILINGÜE DE ATIOS:

Parroquia de Atios

Rúa Domingo Bueno dende o nº 62 e o parque infantil ata o final

Rúa Sebastián, dende o nº 50 e 59 ata o final

Rúa Manuel Rodríguez, dende o nº 84 e 65 ata o final

Rúa Leandro Diz, dende o nº 6 e 13 ata o final da mesma

Rúa Carrola completa

ZONA DO CEIP PLURILINGÜE XOSÉ FERNÁDEZ LÓPEZ :

Parroquia de Cans

Parroquia de Carracido

Rúas do casco urbano ata a vía do tren agás as incluídas na área de Influencia do CEIP de Atios.

No referente ao transporte escolar hai que ter en conta o seguinte:

1- Será usuario lexítimo o alumnado co domicilio a unha distancia do colexio superior a 2 km.

2- O alumnado co domicilio a unha distancia do colexio entre 2 e 1 km poderá facer uso deste servizo sempre e cando queden prazas vacantes no autobús concreto.

3- Non ten dereito ao uso deste servizo o alumnado cuxo domicilio non corresponda á área de influencia do colexio. Poderase autorizar dun xeito excepcional se quedan prazas vacantes no autobús concreto.

As autorizacións concedidas nos puntos 2 e 3 serán unicamente para o curso 2024/2025 e perderán dita praza se se precisa para un/unha alumno/a con dereito preferente á mesma.

En canto aos postos escolares, nos niveis de inicio de cada etapa educativa das ofertadas neste centro (4º EI e 1º EP), poranse a disposición da Administración educativa 3 postos escolares por unidade para o alumnado con NEAE, que serán asignados con prioridade pola Comisión de escolarización / Servizo Territorial de Inspección Educativa segundo corresponda. No caso de non adxudicarse a este alumnado, asignaríanse ao resto no procedemento de admisión ordinario.

       Data de publicación da listaxe provisional de admitidos e non admitidos o 25 de abril no taboleiro interior do centro.

       Data de publicación da listaxe definitiva de admitidos e non admitidos o 15 de maio no taboleiro interior do centro.

CALENDARIO DE ADMISIÓN

DESFILE DE ENTROIDO E ORDES DO MECO

Preme en cada imaxe para ampliala.

         

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

BO NADAL

SAMAÍN

Este ano celebramos o Samaín gracias a colaboración do alumnado que, xunto coas súas familias, adornaron moitas cabazas que expuxemos polos corredores. Tamén tivemos axuda duns avós do cole que, ademais de ser moi riquiños, son uns artistas e fixeron o túnel do terror!!

Preme na imaxe para ver o vídeo.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer