Skip to Content

Curso 2012-2013

EXCURSIÓN FIN DE CURSO NA CORUÑA .

DÍA EUROPEO DOS PARQUES NATURAIS.

XVIII ENCONTROS DE TEATRO ESCOLAR E AMATEUR EN BANDE.

CHARLAS DA GARDA CIVIL SOBRE BULLYING E VIOLENCIA DE XÉNERO.Marzo 7, 2012.

O día 7 de Marzo, no noso centro educativo, estivo a garda civil, realizando unhas charlas sobre bullying e violencia de xénero.

O acoso escolar é unha situación que aparece nalgúns centros escolares e que debemos evitar custe o que custe.Con  unha boa información sobre o asunto e a colaboración de todos, podemos conseguir que todos os alumnos e profesores podamos evitar estas situacións.

A violencia de xénero é un tema moi importante para que os nen@s se conciencien da importancia de respetar tanto o xénero masculino coma o feminino. 

Os alumnos de 2º e 3º ciclo de primaria, foron os que , no seu horario escolar recibiron estas charlas informativas, mostrando interese e un comportamento exemplar.

 

SAN VALENTÍN 2013.

 

 

  • No  día de San Valentín  todos recibimos unhas cantas cartas de amizade e de  amor . Para todos este día foi moi divertido. A semana anterior ,un grupo preparou unha mesa decorada con amor para os profes . Na mesa dos alumnos había corazóns por debaixo dos pratos. Os que tiñan os corazóns tíñanlle que dar un bico ou un abrazo a persoa do seu lado.
    Pola mañá  os alumnos tiveron que escribir cartas para os seus compañeiros nas que lle dicían o que sentían por eles.
    No centro do comedor había unha mesiña que sostiña un buzón do amor e da amizade onde se depositaron cartas. Ao rematar de comer repartíronse as cartas que estaban dentro.

 

Nova creada polos alumnos de 5º e 6º.

 

ENTROIDO 2013.

 

 

 O luns de entroido  tivemos que ir co pixama da casa, o martes fumos co pixama e con algo na testa. E finalmente o mércores de entroido viñemos disfrazados como nos queríamos.

 O día de  entroido pola maña estivemos atarefados facendo os compadres e as comadres.Despois do traballo que levamos expuxémolos no comedor para que país e nais os viran.

No Entroido disfrazámonos de  “CONTOS CLÁSICOS”. Cada curso escolleu un conto e disfrazouse  dos personaxes do mesmo. Os pequeniños de tres anos de "Carapuchiña vermella".4 e 5 Anos de "Brancaneves e os sete ananiños". O primeiro ciclo dos "Frautistas de Hamelin" .Os nenos de 2º ciclo foron de "O soldadiño de chumbo".E finalmente terceiro ciclo de "Peter Pan”.
Fixemos un desfile no que lles presentamos os personaxes dos nosos contos os nosos familiares , con baile e DJ incluído , tamén fixemos unha votación para descubrir o gañador do desfile. O conto gañador foiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii  os do soldadiño de chumbo, que o reprensentaban os de terceiro e cuarto que posteriormente desfilarían no concello de Bande. No desfile houbo chocolatada e bica para todos.
No concurso do concello quedamos de terceiros .

Estes días pasámolo moi ben disfrazándonos cos nosos compañeiros e mestres.

Nova creada polos alumnos de 5º  e  6º .

 

DÍA DA PAZ 2013.

 

  • Todo empezou despois dun recreo.Reunímonos todos no hall e cada ciclo representou unha obra.
  • Infantil e o primeiro ciclo foron os primeiros. O seu acto titulábase “El secreto”. Esta  actuación trataba sobre unha gotiña que  paseaba tranquilamente cando viu unha horta en sequía.A gotiña ofreceulle a súa axuda,pero as verduras non lla aceptaron  porque crían que era moi pequecha para facelo. Ao final  a gotiña trouxo moitas maís gotiñas  con ela  e así solucionaron o problema.Nesta obra aprendemos a que hai que axudar e compartir as cousas con todos.
  •  
    O segundo ciclo representou un acto chamado “El embusteiro Tomás”.A historia trataba sobre  un neno embusteiro que enganaba ata a súa nai .Ao final el aprendeu a dicir a verdade.
  •  
  •  E por último actuamos  nós os de terceiro ciclo.Representamos o último acto chamado “Tuve un sueño” que trataba sobre uns rapaces que durmían  e ao levantarse dicían  o seu  desexo  que en realidade era unha mensaxe da paz.Nesta obra as nais dos rapaces dábanlle  as boas noites desexándolles que todos os seus mellores desexos se puideran cumprir.
    O día da paz finalizou cunha canción “Somos el mundo (Gloria Estefan)”
    Este día foi inolvidable.

NOVA CREADA POR5º E 6º.

 

 

ACTIVIDADES DE NADAL: TALLA DE CRISTAL NO CONCELLO.

Ola! querémosvos dicir como o pasamos na talla de cristal . Pois moi ben , se queredes saber máis detalles atendede:        

 Primeiro déronnos unhas copas , despois empezamos a tallalas cada un da súa maneira, ante todo tivemos que axudarlle nós os peques e quedáronlle moi bonitas! pero o mellor foi que todos xuntos pasámolo moi ben tallando e axudándolle a tallar aos nenos pequenos.

Esperamos que estas pequenas actividades se volvan a repetir.

Creado por: Andrea ,Ares e Daniel (alumnos de sexto curso).


CHARLA NO CONCELLO SOBRE OS PARQUES NATURALES.

O obxectivo desta exposición foi presentarlle aos alumnos a diversidade e singularidade dos nosos espazos naturais protexidos, co fin de concienciar á poboación sobre a importancia da conservación do medio natural e do seu propio papel na preservación da natureza e das súas especies.
Galicia conservando a natureza é unha exposición da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia coa que se pretende que os galegos e galegas coñezan os principais valores ambientais e patrimoniais que fixeron merecedores da protección aos diferentes espazos naturais. Ademais, esta exposición pretende sensibilizarnos a todos da importancia que teñen os espazos naturais protexidos para a conservación da nosa biodiversidade, un patrimonio único e irrepetible, que temos a obriga de preservar para as xeracións futuras. Rías, bosques, montañas, ríos, cañóns, lagoas, illas, praias, dunas, matogueiras, esteiros..., unha gran variedade de ambientes que debuxan unha paisaxe única en Galicia. Unha paisaxe que non se pode comprender sen a presenza humana desde hai milleiros de anos, que tamén deixou a súa pegada a través dun rico patrimonio cultural e etnográfico.
Para protexer esta riqueza natural, Galicia conta cunha rede de espazos naturais que é o reflexo desa variedade de hábitats e especies que compoñen a nosa xeografía, unha rede de espazos naturais que está integrada por bosques, montañas, ríos, lagoas, marismas, cantís, illas..., que axuda á conservación da biodiversidade que atesouramos no noso territorio.

Seguindo a tendencia doutros países e comunidades do noso contorno, a superficie protexida en Galicia foi aumentando progresivamente nos últimos anos, estando hoxe en día por riba do 12% do noso territorio. Esta superficie protexida está cuberta baixo varias figuras de protección, acordes aos valores de cada espazo natural: parque nacional, parque natural, monumento natural, humidal protexido, ZEPA, Lugar de Importancia Comunitaria…. 

Tivemos unha sesión moi entretida,curiosa,divertida e enriquecedora.Temos que coidar a natureza e protexer os nosos espacios naturais. 

 

Entrada creada polos alumnos de 5º e 6º.

 

Taller sobre violencia de xénero para nenos en Bande.

O Concello de Bande, en colaboración co colexio de Educación Infantil e Primaria´"Xoaquín Lourenzo Xocas "da localidade, desenvolveu diferentes charlas e talleres co motivo do Día Internacional contra a Violencia de xénero.

A actividade estivo dirixida aos alumnos de Primaria e Infantil. Os obxectivos desta xornadas  foron, entroutros, fomentar a igualdade entre nenos dende idades moi temperás, así como prever situacións de violencia entre iguais e principalmente de cara ás mulleres.

 A técnica municipal Montse Vázquez e o profesorado do centro escolar foron os  encargados de impartir os talleres.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut