Skip to Content

FESTIVAL DE NADAL 2011

Este ano, como en anos anteriores, ó chegar o mes de decembro temos gañas de que cheguen as vacacions de Nadal. Pero antes de que cheguen esas benditas vacacións, as non tan desexables notas, adicámonos a preparar un festival, que ten como temática, como non podía ser doutra maneira, O Nadal, e facemolo coa axuda das nosas respectivas mestras, preparamos unhas fermosas obras de teatro e panxoliñas para disfrute de todos.

Despois dun bo xantar, que nada tiña que envidiar a mellor cea de Nadal, pois non faltou o marisco, nin o polbiño a feira, a carne e os doces tipicos coma turrón, polvoróns e peladiñas, e uns saborosisisisisimos profiteroles que fixeron a delicia de todos nos.

Coa barriguiña chea, fomos ao salón de actos onde esperamoss a visita das Suas Maxestades os Reis Magos de Oriente, cando chegaron entregamoslle as nosas cartas e insistimos persoalmente nas nosas peticions subidos nas seus xeonllos e aproveitamos para facerlles algunhas preguntiñas como ¿onde deixaran aos camelos? ¿como facian para entregar tantos agasallos nunha noite?...

Asi foi o noso último día no cole, antes do Nadal. Pasamolo xenial e xantamos moi ben e marchamos, felices e contentos, de disfrutar dunhas pequenas vacacións para poder estar coa familia, xogar e divertirnos cos primos e amigos...



story | by Dr. Radut