Skip to Content

CHARLAS DA GARDA CIVIL SOBRE BULLYING E VIOLENCIA DE XÉNERO.Marzo 7, 2012.

O día 7 de Marzo, no noso centro educativo, estivo a garda civil, realizando unhas charlas sobre bullying e violencia de xénero.

O acoso escolar é unha situación que aparece nalgúns centros escolares e que debemos evitar custe o que custe.Con  unha boa información sobre o asunto e a colaboración de todos, podemos conseguir que todos os alumnos e profesores podamos evitar estas situacións.

A violencia de xénero é un tema moi importante para que os nen@s se conciencien da importancia de respetar tanto o xénero masculino coma o feminino. 

Os alumnos de 2º e 3º ciclo de primaria, foron os que , no seu horario escolar recibiron estas charlas informativas, mostrando interese e un comportamento exemplar.

 



page | by Dr. Radut