Skip to Content

DÍA DA PAZ 2013.

 

  • Todo empezou despois dun recreo.Reunímonos todos no hall e cada ciclo representou unha obra.
  • Infantil e o primeiro ciclo foron os primeiros. O seu acto titulábase “El secreto”. Esta  actuación trataba sobre unha gotiña que  paseaba tranquilamente cando viu unha horta en sequía.A gotiña ofreceulle a súa axuda,pero as verduras non lla aceptaron  porque crían que era moi pequecha para facelo. Ao final  a gotiña trouxo moitas maís gotiñas  con ela  e así solucionaron o problema.Nesta obra aprendemos a que hai que axudar e compartir as cousas con todos.
  •  
    O segundo ciclo representou un acto chamado “El embusteiro Tomás”.A historia trataba sobre  un neno embusteiro que enganaba ata a súa nai .Ao final el aprendeu a dicir a verdade.
  •  
  •  E por último actuamos  nós os de terceiro ciclo.Representamos o último acto chamado “Tuve un sueño” que trataba sobre uns rapaces que durmían  e ao levantarse dicían  o seu  desexo  que en realidade era unha mensaxe da paz.Nesta obra as nais dos rapaces dábanlle  as boas noites desexándolles que todos os seus mellores desexos se puideran cumprir.
    O día da paz finalizou cunha canción “Somos el mundo (Gloria Estefan)”
    Este día foi inolvidable.

NOVA CREADA POR5º E 6º.

 

 



page | by Dr. Radut