Skip to Content

DÍA DA EF NA RÚA

Hoxe celebramos, en colaboración co Ceip do Xurés de Lobios, a primeira edición de EF NA RÚA, uníndonos así a XIV edición a nivel estatal. Fixemos un circuito de orientación polos lugares máis emblemáticos da vila de Bande. Pasamos polo estadio, polo instituto, pola estación de servizo, pola senda peonil arredor do río Badella, polas piscinas municipais, polo xulgado, polo centro de saúde, polo cemiterio, pola oficina de correos, pola casa consistorial e todo isto nunha mañá na que o tempo acompañou en todo momento. En cada lugar conseguimos unha certificación que acreditaba que iamos superando as doce probas do circuito.

Aquí podedes ver algunha das imaxes máis significativas

 

  

  

Damos as grazas a todo o persoal municipal que colaborou e a tódolos puntos chave da vila por mostrar interese na actividade. O almorzo saudable suministrado polo concello serviunos para repor forzas. Por suposto agradecer ao Ceip de Lobios por marcar presenza no evento, en especial á mestra Rosa. Para o ano imos nós!!

 



blog | by Dr. Radut