Skip to Content

Curso 2012-2013

CONCURSO DE BELENES NO CONCELLO.

Pinche no enlace : LA REGIÓN.

Escolares de Bande participan este Nadal nunha campaña sobre o consumo.

Os alumnos do colexio de Educación Infantil e Primaria Xoaquín Lourenzo 'Xocas' de Bande iniciaban esta semana unha campaña de sensibilización por un consumo responsable en Nadal. A actividade, que se enmarca nun plan de colaboración entre o centro escolar e o Concello banduense, inclúe charlas, talleres e a edición dun audiovisual sobre un consumo responsable que se emitirá coincidindo co festival do Nadal previsto para o 20 de decembro.

Ese día tamén se dará a coñecer o nome do gañador e o segundo e terceiro clasificados do 'Concurso de postais de Nadal', ademais colocarase unha caixa de correos dos desexos onde os nenos deberán introducir as súas peticións -aquelas que non se compran con diñeiro- aos Reis Meigos.

 

 TRAEMOS PAZ E AMOR.

                    Traemos unha mensaxe de paz e amor. 

DEPORTE ESCOLAR.CROSS EN MUIÑOS.

Pasámolo moi ben no Corgo.A experiencia foi moi divertida.Había momentos nos que nos quedabamos sen aire,igual que nos quedabamos conxelados polo frío, tamén había momentos nos que tiñamos unha calor tremenda.Despois de correr comemos bocadilos, bebemos auga e alguns comemos unhas palmeritas.Non gañamos ningún premio pero o importante é participar.Ao chegar ao centro non tiñamos forzas para nada. Só sabiamos que aquelo foi unha experiencia de record, moi especial.
Recibimos unhos diplomas pola nosa participación.

Entrada creada polos alumnos de 5º e 6º.

POR FIN TEMOS NOVA AULA DE INFORMÁTICA.

 

Xa estreamos a nova aula de informática.Os ordenadores son moi modernos e eficaces.Teñen uns monitores moi chulos e de gran resolución.Somos capaces de desenvolvernos co seu  moderno hardware .Así podemos estudar con eles por exemplo hortalizas ou tipos de animais entre outras cousas.Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas novas.

 

Nova creada polos alumnos de 3º e 4º de primaria.

O MAGOSTO NO XOCAS 2012.

O vindeiro luns,día 12 de Novembro,imos  celebrar o magosto no noso colexio.Imos  facer unha fogata castañeira se o tempo acompaña.Pola maña faremos actividades e xogos divertidos e de peripecia cos nosos profes.Despois do xantar remataremos cunha riquísima chocolatada.

Non vos olvidedes de "tunear" castañas para o concurso!!!!!

Este magosto vai ser chulísimo.

MÚSICOS E MÚSICAS EN ACCIÓN

As rapazas e rapaces de 5º e 6º fixeron varias versións da mesma canción.

 

Así de ben tocan os nenos e nenas de 5º.

 

 

Os rapaces e rapazas de 1º e 2º están feitos uns bailaríns.

 

 

Os máis pequenos tamén lle dan ao baile.

 

 

Menuda interpretación dos rapaces e rapazas de 6º!!!!! Cada vez fano mellor.

Distribuir contido


by Dr. Radut