Esquema de temas

  • 1ª actividade do 2º trimestre

    Iniciamos novo trimestre de cine!

    Para comezar recomendamos facer, dende titorías, unha introducción da cor no cine coa visualización do corto animado de Walt Disney, Flowers and Trees, realizado coa técnica Technicolor en 1932, sendo a primeira producción a cor. Aquí vos deixo o enlace ao corto en cuestión: 

    https://www.youtube.com/watch?v=_NKcsg8vE_U

    Unha vez introducido o tema, xa podedes comezar coa carta que se adxunta, que lles manda Dorothy ás nenas e nenos para que a axuden a regresar á súa película. 

    As respostas deixaránse no buzón da biblio ao longo desta semana e da seguinte, indicando a resposta e quén está respondendo (pode ser individual, por grupos ou directamente por cursos, da maneira que vos pareza mellor). O próximo venres, día 26, recolleránse todas as respostas e diráse a correcta (El Mago de Oz). 

    Unha vez se remate ésta, comezarán o resto de actividades dispostas no rincón do cine da biblio. 


  • Solución 1ª actividade 2º trimestre

    Antes de nada, moitas grazas pola vosa colaboración e participación. 
    Aquí vos deixo a solución da actividade feita coa carta de Dorothy, coma moitos/as adiviñaron... Dorothy pertencía á película O Mago de Oz. 

    Adxunto a recopilación das respostas que había no buzón da biblioteca e tamén unha nota de agradecemento que lles manda Dorothy aos nenos e nenas coa su escea favorita que podedes visualizar nas aulas se así o considerades. Para visualizala teredes que pinchar na palabra "Aquí" que está subliñada, onde Dorothy lles está explicando que lles deixa o enlace da escea. 

    Ademais adxunto un par de recursos extra por si os queredes utilizar: 

    - Unha foto dos personaxes para personalizar coas caras das nenas e nenos, pegandoas enrriba dos ocos brancos das caras.

    - E unhas máscaras dos personaxes principais. 


  • 2ª actividade 2º trimestre

    Agora empezan as actividades que están no rincón do cine da biblioteca. 

    Son tres tipos de actividades: 

    - Adiviña que?: Consiste en que adiviñen de que elemento do cine se trata, mediante unha foto, unha pequena definición ou as dúas xuntas. 

    - Sabías que?: Trátase dunha curiosidade sobre o mundo do cine coa que aprenderán datos interesantes sobre éste. Aquí os nenos e nenas terán que buscar algunha curiosidade para compartila cos demáis tamén.  

    - Frases de cine: Consiste en adiviñar quen dixo a frase ou a película na que se di. Estas frases irán acompañadas cunha pequeña imaxe como pista. 

    Cada dúas semanas aproximadamente estas actividades cambian e ponse un novo elemento do cine para adiviñar, unha nova curiosidade e unha nova frase; e así sucesivamente. 

    As respostas deixaránse no buzón da biblioteca indicando a que actividade se está respondendo e quen o está facendo (igual que no caso da carta de Dorothy, podedes organizarvos como queirades: individual, por grupos, por curso, ...). Deixovos as plantillas das actividades por si as queredes imprimir directamente para responder sobre elas. 

    Ademais destas actividades tamén hai unha carteleira, ésta é para que recomenden películas; recolleranse as recomendacións o final de cada mes, poñeranse alí para que todos/as as vexan e subiranse tamén aquí, á aula virtual. Estas recomendacións tamén se deixarán no buzón da biblio usando a plantilla de carteleira ou nun folio poñendo "carteleira". 

    Adxunto as primeiras actividades e tamén se poñerán na biblioteca. 

    Grazas pola vosa colaboración!  


  • Solución 2ª actividade 2º trimestre

    Aquí vos deixo as solucións das primeiras actividades do rincón do cine da biblioteca: 
    Adiviña que é?: técnica technicolor. 
    Frases de cine: Rafiki na película O Rey León.
    Recopilación de curiosidades (Sabías que?):
    1. "A costume de comer palomitas nos cines remóntase aos anos da Gran Depresión, fixo que 1.000.000 de estadounidenses perderan o seu traballo. Dende entón, era o pasatempo favorito." (
    2. "Wonka lo tenía todo pensado. Cuando Charlie encontró el billete en el suelo, lo puso Wonka." 
    3. "Que antigamente as películas máis exitosas facíanse en cor e as outras en branco e negro." 
    4. " Las palomitas se toman porque están ricas, ricas, ricas." 
    5. "En Jurassic Park el sonido que emitía el Rex se hizo mezclando sonidos de caimán, tigre y una cría de elefante." 
    6. "Gracias al sistema cinemacolor en 1909 George A. Smith pudo crear la primera película a color. Y la película se llamaba Flowers and Trees."
    7. "Os que doblaron e puxeron voz aos personagens de Mickey e Minnie Mouse eran pareja na vida real."

    Grazas pola participación!

  • Cortos na biblio

    Neste apartado iremos subindo os cortos das diversas conmemoracións que se irán poñendo nos recreos na biblioteca. 

    Para poder ver os cortos hai que pinchar sobre a data e así, ábrese o enlace. 

    Esperamos que vos gusten!




  • 3ª actividade 2º trimestre

    Toca cambio nas actividades do rincón do cine da biblioteca: adiviña que?, sabías que? e frases de cine. 

    A de carteleira está en constante funcionamento, poden recomendar películas cando queiran e se queredes animarvos os profes a recomendar, tamén podedes; recopílanse o final de cada mes e quedan expostas na biblioteca ate finais do mes seguinte que cambiarían polas novas recomendacións. 

    Aquí vos adxunto as novas actividades. 

    Grazas pola vosa colaboración!


  • Carteleira febreiro

    - Skibidi Toilet 

    - Murder Drones

    - Barbie

    - Peanuts, la película

    - The Amazing Digital Circus

    - Shrek

    - Elemental

    - Coco

    - Mario Bros, la película

    - Trolls 3

    - Inside Out

    - Sonic, la película

    - Patrulla Canina

    - Miércoles

    - Encanto

    - Gru 3

    - Turning Red

    - Los minions

  • Solución 3ª actividade 2º trimestre

    Aquí vos deixo as solucións das segundas actividades do rincón da biblioteca: 

    Adiviña que é?: Claqueta.

    Frases de cine: Mérida na película Brave.

    Recopìlación de curiosidades (Sabías que?): 

    1. "En Willy Wonka, Tom Holland actor de: Spiderman, e o protagonista de Wonka foron os finalistas pero ao final pasou Timothée Chalamet" (6ºB María Antelo).

    2. "A Barbieland que aparece na película está inspirada na arquitectura modernista que puxo en pé Palm Springs a mediados dos 50" (6ºB Andrea Martínez Manteiga e Paula Seija Montero).

    3. "Sabías que la primera película de terror de la historia hoy en día puede resultar cómica pero cuando se estrenó fue muy importante gracias a los efectos especiales, algo nunca visto hasta su estreno" (6ºB Carla Martínez Manteiga). 

    4. "Sabías que... Frank W. Thring, un cineasta australiano, inventou a claqueta para substituir ás antigas pizarras de madeira" (Clase de 4º A). 5. "Elsa, quien hoy conocemos como la mujer de hielo, debía de ser una villana, pero los productores de la película trabajaron más en el personaje y le hicieron el personaje de buen corazón que ahora conocemos" (6ºB  Nayara). 

    6. "En la película de Jurassic Park el sonido que emitía el Rex se hizo mezclando sonidos de caimán, tigre y una cría de elefante" (6ºB Nayara Moreno Cabo). 


  • 4ª actividade 2º trimestre

    Aquí vos deixo as últimas actividades do rincón da biblioteca do 2º trimestre, uns novos: adiviña que é?, sabías qué? e frase de cine.

    Poden deixar as respostas, como sempre, no buzón da biblioteca ata o día 22, as respostas subiránse á volta de semana santa. 

    Grazas pola vosa participación e colaboración. 

  • Solución 4ª actividade 2º trimestre

    Aquí vos deixo as solucións das últimas actividades do 2º trimestre:

    Adiviña que é?: guión de cine

    Frase de cine: O emperador en Mulán. 

    Recopilación de curiosidades (Sabías que?): 

    1. "Para hacer un sonido de zombie hay que morder un tomate jugoso." 

    2. "En Los juegos del hambre, Jennifer Lawrence se quedó sorda durante el rodaje, al bucear, un chorro de agua le perforó el tímpano."

    • Carteleira Educación Infantil

      - Bluey

      - Bambi

      - La bella durmiente

      - Spiderman

      - Mulán

      - Tom y Jerry

      - The Grinch

      - Charlie y la fábrica de chocolate

      - Bob Esponja

      - Patrulla Canina

      - Frozen

      - Blancanieves

      - Solo en casa

      - Detective Pikachu

      - La sirenita

      - El libro de la selva

      - Mickey Mouse

      - Monstruos S.A.

      - Shrek

      - Peppa Pig

      - Bebé jefazo

      - Los tres cerditos

      - Lilo y Stich

      - La pantera rosa

      - El Rey León

      - Inside Out



    • 1ª actividade 3º trimestre

      Continuamos este terceiro e último trimestre co noso curso de cine!

      Esta primeira actividade do trimestre serve como pequena introducción ao cine dixital e, por iso, trata sobre Toy Story: primeira película enteiramente dixital e tamén a primeira de Pixar. 

      A actividade consiste en atopar os xoguetes que Andy perdeu: Woody e Buzz Lightyear. 

      Andy envíalles unha carta ás nenas e nenos para que lle axuden a recuperalos e os xoguetes perdidos deixan unha nota explicando en que lugar están escondidos. Para poder averiguar o escondite, os nenos e as nenas terán dúas opcións: descifrar unha mensaxe con código secreto (alfabeto dactilolóxico) ou realizar un puzzle (pode ser de 12 ou de 24 pezas). Os puzzles están en pdf e teríanse que imprimir e recortar as pezas para realizalos. 

      Unha vez identificado o escondite dos xoguetes, terán que comprobar que, efectivamente, están agochados onde eles cren e; despois, deixarán a resposta no buzón da biblioteca indicando onde os atoparon e a película a que pertencen, incluíndo quen está respondendo. As respostas poden ser individuais, por grupos ou por aulas. 

      Rematada esta actividade subiráse a solución cunha breve explicación sobre o cambio cara o cine dixital. Posteriormente, seguirase coas actividades do rincón do cine: adiviña que é?, sabías que? e frase de cine. 

      Gracias pola vosa colaboración!

    • Xoaniña, a película (5º E.I)

      As nenas e nenos de 5º de Educación Infantil prepararon unha actividade de cine!

      Preséntannos a película de Xoaniña, disposta en 6 fotogramas debuxados polos artistas destas clases; onde nos contan unha historia sobre a importancia da unión para acadar a solución ante un problema. 

    • Solución 1ª actividade 3º trimestre

      Aquí vos deixo a solución da actividade de Toy Story. 

      A mensaxe con código secreto (alfabeto dactilolóxico) era a seguinte: "Estamos agochados detrás dun elemento do cine que xa adiviñastes nun adiviña que é? Este obxecto é de cor negra e branca e serve para separar esceas dunha película". Este obxecto é a claqueta. Se optaron pola realización do puzzle, ao encaixar as pezas podían ver a imaxe dunha claqueta.

      Polo tanto Woody e Buzz Lightyear estaban agochados detrás da gran claqueta que está situada ao carón do recuncho do cine da biblioteca e a película á que tiñan que regresar era Toy Story. 

      Tanto Andy como Woody e Buzz Lightyear mándanlle unha carta de agradecemento ás nenas e nenos do Wenceslao pola súa axuda, nela inclúese un link ao que se accede pinchando na palabra "aquí" para a visualización dunha escea da película (as escea na que os xoguetes regresan con Andy).

      Toy Story foi a primeira película realizada enteiramente de maneira dixital, ata ese momento a animación realizábase de maneira analóxica. Pero, cal é a diferenza? 

      A animación analóxica baséase na animación "frame" a "frame" (imaxe a imaxe). É unha técnica que actualmente se segue usando pero que está en declive, polo que se pode considerar unha técnica tradicional.

      E a animación dixital é a técnica que consiste en crear imaxes en movemento mediante o uso de ordenadores, software e diversas técnicas. Os deseños elabóranse coa axuda de programas de deseño, modelado e, por último, renderizado. 


      Para rematar con esta actividade e coa introducción ao paso do cine tradicional ao dixital; anímase ao alumnado que queira a realizar unha pequena escea en stop motion (animación fotograma a fotograma). A técnica de stop motion consiste en aparentar movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. 
      A idea da escea a representar é libre, imaxinación ao poder; poden grabarse a sí mesmos fotograma a fotograma ou poden elaborar a actividade mediante debuxos ou facendo figuras con plastilina. 

    • 2ª actividade 3º trimestre

      Unha vez introducido o tema do cine dixital, continuamos coas actividades do recuncho do cine da biblioteca; coma sempre uns novos: adiviña que é?, sabías que? e frase de cine. Recordade que a actividade de carteleira está sempre en funcionamento, todos poden facer recomendacións de películas cando queiran. 

      Gracias pola vosa colaboración!



    • Solución 2ª actividade 3º trimestre

      Aquí vos deixo as solucións das primeiras actividades do recuncho do cine do 3º trimestre!

      Adiviña que é: Proxector de cine

      Frase de cine: Buzz Lightyear de Toy Story


    • 3ª actividade 3º trimestre

      Últimas actividades do recuncho do cine do trimestre e do curso!

      Uns novos: adiviña que é?, sabías que? e frase de cine. 

      Animamos ao alumnado a deixar por última vez recomendacións de películas na carteleira. 

      Teñen ata o día 10 de xuño para participar. A solución, como sempre, subirase aquí, á aula virtual.

      Gracias pola vosa participación e colaboración!

    • Solución 3ª actividade 3º trimestre

      Aquí vos deixo as solucións das últimas actividades: 

      Adiviña que é?: animación dixital

      Frase de cine: calquera dos personaxes na película O boque animado

      • Paseo da fama de E.I.

        As nenas e nenos de E.I., que son unhas grandísimas estrelas do cine a estas alturas do curso, fixeron o seu propio paseo da fama do Wences!
      • Reflexión final

        Para rematar o curso de cine gustaríanos que realicedes, dende tutorías, unha reflexión final coas nenas e nenos sobre o que aprenderon ao longo do curso con este PDI, que actividade lles gustou máis, cal menos, etc.
        E que plasmen da maneira que consideredes estas reflexións: poden escribir, debuxar, de maneira oral, unha pequena grabación conxunta das conclusións ...

        Deixovos aquí unha plantilla por si o queredes facer por escrito. 

        Podedes facernos chegar estas reflexións a través do buzón da biblioteca ou polo correo para despois poder subilas aquí, á aula virtual. 

        Gracias pola vosa colaboración!
      • Enquisa

        Aquí vos deixo a enquisa para que podamos ter un feedback do PDI deste curso. 

        Agradecemos a vosa participación, xa que nos axuda a mellorar para o seguinte!


      • 1ª Semana

        Isto comeza!

        Esta primeira semana, dende as titorías (o día e da forma que se queira -imaxinación ao poder-), realizarase o visionado deste vídeo, coa finalidade de introducir ao alumnado a PDI deste curso, así como de crear vínculo e compromiso co proxecto. Podédelo visionar tantas veces que queirades e tirar de diferentes elementos que poidan aparecer no vídeo (por que "curiosidade/emocions", cales son os teus talentos, as nosas diferenzas, etc..).

        Esperamos que vos guste!


      • 2ª semana

        Durante esta segunda semana, o alumnado recibirá unha carta escrita polos irmáns Lumiere.

        O alumnado deberá responder as preguntas que lle deixan na carta (Lumiere é cinematógrafo).
        Despois, cada alumn@ escribirá unha nota coas respostas (poden facer debuxo tamén) xunto co seu nome e curso; logo introducirana no buzón da biblioteca que está ao lado de Fantasmón.

        Deste xeito crean compromiso co proxecto.