Esquema semanal

  • Xeral

    Ola  rapazas e rapaces!!

    Preséntovos unha serie de xogos para practicar actividade física na casa coa axuda duns dados. Calquera deles e modificable, podédelo adaptar á vosa casa, ao voso material, ao número de participantes, etc.

    Espero que vos axude e vos motive para movervos!!!

    Xa sabedes, eu encantada de recibir imaxes vosas e da vosa familia practicando estas actividades en vistah10@gmail.com

    Ánimo!!!

  • A POLO 20

    Obxectivo a conseguir 20 puntos. Colle un dado e lánzao. Se superas o reto anotaraste os puntos obtidos no dado.

    1. Lanza un rollo de papel hixiénico cara arriba, toca o chan e cólleo antes de que caia. Repíteo tres veces.
    2. Leva un xoguete dun lugar da casa “A” a outro “B” sen tocalo coas mans.
    3. Bailar o estribillo dunha canción que  che guste.
    4. Poñer un garavanzo nunha culler e levalo dunha esquina á outra da casa sen que caia.
    5. Derribar unha botella de plástico lanzando un rollo de papel hixiénico nun so intento.
    6. Poñer un coxín na cabeza e dar 20 pasos sen que caiga.
    • DADO IOGA

      Aquí deixo a plantilla. Segundo o número que saia reproducirase a postura.

    • LANZA... LANZA... PUNTERÍAS CO QUE TOQUE!!

      Dous dados, un indica o obxecto a derribar e o outro con qué derribalo.

               Dado 1

      1. Botella de plástico
      2. Lata
      3. Vaso de iogurt
      4. Cubo de plástico
      5. Bote de champú
      6. Xoguete ou boneco que se teña de pé

               Dado 2

          1 e 4. Rollo de papel hixiénico

          2 e 5. Goma de borrar

          3 e 6. Coxín

      • CRUZAR O RÍO

        Para este xogo o ideal sería estar nun espazo que tivera o chan de baldosas, de non ser así delimitaremos con marcas homoxéneas o espazo entre unha parede e outra.

        O obxectivo e lograr chegar dunha parede a outra. Para poder avanzar hai que lanzar o dado e saltar de golpe o número de baldosas que saia. Se non se consigue quedaremos na mesma baldosa. ( Se 6 parece demasiado espazo a saltar, a partir do número que vexamos conveniente podemos volver a repetir número de saltos. Por exemplo: o 4 dous saltos, o 5 tres saltos, o seis un salto...Anotalo para que todo o mundo o saiba e a xogar!)

        • OS SEIS RETOS

          Tírase o dado e supérase o reto, se non se supera á primeira haberá que volvelo a intentar cando volva a saír o número. En caso de sacar outra vez o mesmo número e xa ter superado ese reto volverase a lanzar...Quen o conseguirá antes?

          1. Debes saltar como unha rá ao redor dunha mesa sen caer.
          2. Percorrer todos os habitáculos da casa en menos de 20 segundos.
          3. Camiñar 10 pasos facendo equilibrio cun libro na cabeza.
          4. Buscar pola casa 5 obxectos de cor vermello e traelos no menor tempo posible (máximo 1 minuto).
          5. Encestar nunha caixa, papeleira, caldeiro... 3 bolas de papel a tres pasos (grandes) de distancia.
          6. Marchar para outra habitación apoiándose unicamente nunha man e nun pé.