Esquema de temas

  • Xeral

    Esta é unha proposta de actividades diversas para estas vacacións.

    Por suposto son voluntarias! Hai diferentes niveis de dificultade, seleccionade as que vos parezan interesantes e se durante o proceso aprendemos cousas novas, sexan benvidas.

    Podedes contactar en vistah10@gmail.com

    Para enviar as vosas fotos/creacións... déixovos este enlace. Teredes que identificar o voso traballo co nome do alumno/a e o voso correo electrónico. 

    PICA NO ENLACE

                   PARA             

    COMPARTIR AS

    TÚAS  CREACIÓNS

    Actividades compartidas no blog

        

                                  click

                 

    • Dentro dun cadro

      Unha  actividade que pode resultar moi divertida consiste en recrear algun cadro.

      - Escolle unha obra de arte.  Ollo coas expectativas!

      - Pensa no que teñas pola casa e disfrázate, busca o fondo do cadro

      - Anima aos demais membros da familia a posar contigo.

      Fai unha foto co teu móbil e compartea, escribe o título do cadro e  pintor/a.  Envíaa a través deste enlace   

      COMPARTE AS TÚAS  CREACIÓNS

      Eu, como podedes ver,  non me liei moito. 

      Se buscas inspiración:

      • Obradoiro de mascarillas

        Sanidade ve "probable" recomendar o uso de mascarillas á toda a poboación...Animádesvos a coser as vosas propias mascarillas?

        Déixovos este vídeo, porque me pareceu sinxelo, non se precisa máquina de coser e, seguro que todos/as tedes destas  bolsas de TNT (tecido non tecido) promocionais ás que lle podedes dar outro uso. 

        Con gomiñas, que poden ser das carpetas de solapas, lazos ou cordóns das zapatillas, póñome creativa e isto é un "non parar"

        Facede fotos das vosas mascarillas e mandainas para compartir, tedes un enlace, na parte superior destas propostas.

        A forma correcta en galego é MÁSCARA

        • Crea os teus videoxogos con Scratch

          Scracht"Con Scratch, as nenas/os aprenden a pensar creativamente, traballar en colaboración e a razoar sistemáticamente. Scratch é unha linguaxe de programación creado por  MIT, deseñado para que todo o mundo poida iniciarse no mundo da programación.


          -Podes descargar Scratch no teu equipo e programar offline, sen conexión de rede

          - Rango de idade de 8 - 16 anos - https://scratch.mit.edu/download
          - De 5 a 7 anos  Scratch junior   https://www.scratchjr.org/

          -Podes unirte á comunidade Scratch e programar online

          https://scratch.mit.edu/join

          Crea un usuario dentro da comunidade de Scratch (http://scratch.mit.edu/). 

          1- Introdución á programación e a comunidade Scratch

          A plataforma programamos.es nadiesenclase - Ofréceche  16 clases con diferentes retos que podes ir superando 

          Clase 1           Clase 2               Clase 3             Clase 4          Clase 5  

          2- Creación de videoxogos. 

           https://www.udemy.com/course/introduccion-a-la-programacion-con-scratch/

          • Lendas de Galica

              Galicia encantada

             Enciclopedia de fantasía popular de Galicia. Podes percorrer Galicia a partir das súas lendas.

            Mapa de Galicia Encantada

            • Booktubers

              Segundo a wikipedia "Os booktubers son creadores de contido sobre libros" 

              ACTIVIDADE

              -Escolle o teu libro favorito (que teñas pola casa), vale de calquera temática, literatura infantil e xuvenil, libros de receitas, experimentos... 

              - Prepara o teu discurso: por que che gustou a quen e por que llo recomendarías?

              - Recoméndase que a presentación sexa en galego.

              -Grava co móbil un pequeno vídeo mostrando o libro físico onde argumentes a túa elección.

              -Logo debes crear un código QR que enlace co vídeo que teñades almacenado na vosa nube (Google Drive, Dropbox... por exemplo.) 

              - Envia o código QR (a imaxe xerada)  para que todos vexamos as vosas recomendacións.

              Enlace para compartir a túa gravación/QR: COMPARTE AS TÚAS  CREACIÓNS

              Este sería un titorial sinxelo para crear códigos QR e compartilos

              compartir qr

              Para poder ler os códigos QR, teremos que descargar algunha aplicación no móbil a través de Play Store