Comedor

O NOSO COMEDOR

O Comedor Escolar é un servizo educativo complementario que contribúe á organización da vida familiar.

A xestión do Servizo  correspóndelle  á XUNTA DE GALICIA  e lévase na modalidade de xestión indirecta. Unha empresa elabora as comidas nas súas propias instalacións e fainas chegar ao Centro diariamente. Para o presente curso escolar, a empresa encargada do servizo é MEDITERRANEA.

A prestación do servizo de comedor coincide co calendario lectivo do alumnado, en horario de 14.00 a 16.00  horas. Inclúe os servizos de xantar e  atención aos usuari@s nos períodos de lecer anterior e posterior ao mesmo.

          No actual curso escolar ofértanse 128 prazas de comensais.


Os representantes legais do alumnado poderán manifestar o seu desexo de utilizar o servizo de comedor facéndoo constar no período de matriculación para o curso seguinte.

Para o curso 2023/24, a solicitude de praza e a documentación que acredite o dereito a beneficiarse dalgunha das axudas para comedor,  presentarase na Secretaría do centro. O modelo de solicitude pódese descargar neste Web ou recoller no propio centro

Xunto coa solicitude, entregarase:

  

  •   Autorización á empresa adxudicataria do servizo,  a cargar na súa  conta bancaria os recibos mensuais polos  menús consumidos. Esta autorización pódese descargar neste Web ou solicitarse no centro.

 


NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO DO SERVIZO


 

 MENÚ  BASAL MES DE SETEMBRO 2023

MENÚ BASAL MES DE OUTONO DE 2023

MENÚ BASAL MES DE SANTOS DE 2023

MENÚ BASAL MES DE NADAL DE 2023

MENÚ BASAL MES DE XANEIRO DE 2024

MENÚ BASAL MES DE CANDEAS DE 2024

MENÚ BASAL MES DE MARZO DE 2024

MENÚ BASAL MES DE ABRIL DE 2024

MENÚ BASAL MES DE MAIO 2024

MENÚ BASAL MES DE XUÑO 2024

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido

Back to top