A ESCOLA DO ROCÍO
Somos un centro multicultural, integrador e aberto. Achegado as nosas tradicións e a nosa lingua, que ao tempo aposta polas novas tecnoloxías integrándoas no quefacer diario.
Traballamos en valores, conscientes de que o noso labor é a formación integral dos nosos alumnos.
Colaboramos e interactuamos coas familias, a contorna e as institucións da nosa cidade, cos ollos postos no horizonte do noso planeta.
Loitamos pola igualdade, especialmente a de xénero, tentamos fomentar no alumnado espírito crítico, animándoo a valorar o que se fai ben e a buscar alternativas para o que se fai mal.
O noso obxectivo é que os alumnos deixen a escola cunha boa formación e con criterio propio sobre o mundo que coñecen.
Dende o curso escolar, 2015/2016, a Aprendizaxe Cooperativa integrouse nas aulas do Rocío, chegando a converterse nun recurso imprescindible para as mestras e mestres. É un instrumento ideal para lograr a inclusión e a cohesión social, e permitenos o desenvolvemento de estratexias de atención á diversidade na aula, facilitando o desenvolvemento das competencias básicas no alumnado. Os contidos traballados con esta metodoloxía afiánzanse máis. En resumo podemos decir que nas aulas do Rocío, o traballo cooperativo forma parte das dinámicas das aulas o que permite acadar unha aprendizaxe eficaz, respectando as individualidades e os distintos ritmos de desenvolvemento e aprendizaxe. O traballo desenvólvese en grupos pequenos de alumn@s heteroxéneos para lograr obxectivos comúns de aprendizaxe. Deste xeito lograremos que os nosos alumnos sexan persoas capaces de cooperar e de establecer boas relacións humanas. |
Un xeito divertido de facer unha presentación da escola o pasado festival de Nadal.
PREME NA IMAXE
Adxunto | Tamaño |
---|---|
20161007_145151(1).jpg | 7 MB |
CONTRA 19.jpg | 3.26 MB |