BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 22/23

 Poderán solicitar as axudas os alumno-as que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais.

 

Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumno-as con Trastorno do Espectro Autista e os alumno-as con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.

 

Os umbrais de renta e patrimonio están especificados na convocatoria.

 

 

 

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía internet.

Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están nesta ligazón:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Despois de cuberta a solicitude on-line, teñen que imprimila en papel e asinala. No gabinete psicopedagóxico terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado nos impresos.

Posteriormente terán que entregar  no Departamento de Orientación do colexio os papeis impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete xunto coa documentación requerida (certificado do nº da conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do SERGAS, certificado de discapacidade, título de familia numerosa, de selo caso).

 

Prazo de presentación:

ABERTOdende 19 de maio ata o

30 de setembro de 2022

Para evitar complicacións na tramitación das solicitudes non deben agardar ao derradeiro día.

 

 

 

Back to top