DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Infórmase que a Consellería de Educación acaba de publicar a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E)
Alumnado destinatario.
Alumnado matriculado en Educación Primaria (non para Educación Infantil)
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar para o curso 2021-2022. A distribución será automática para aqueles beneficiarios de axuda de material escolar. Non terán que facer ningún tipo de trámite.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
TRAMITACIÓN E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUD
- Presencialmente no centro en horario de secretaría: Tódolos días de 9.15 a 9.45h, mailos martes festivos de 16.00 a 16.45h.
- Prazo presentación: desde o 15 ata o 26 de novembro 2021 ámbolos dous incluidos.
- DOCUMENTACIÓN, ANEXO I E ANEXO II.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Orde_máscaras.pdf | 747.25 KB |
Anexo I e II -ED330E -Máscaras-1(1).odt | 255.87 KB |
- blogue de admin
- APIs de Blogue