blogue deadmin

CONCURSO DE MASCOTA EN 3D

Este concurso chegou ao  fin. Grazas  familias pola ampla participación!!  Chegaron á escola 54 mascotas, todas elas  preciosas. Quedou demostrado que o material de refugallo da casa  serve para crear  nov@s compañeir@s de xogos. Nin falar dos nomes...a  cal máis orixinal (só se repite un).

 

Aquí a  grande exposición virtual,  prometida. Pero non  esquezades coidala ben, porque cando nos deixen voltar á escola teremos o 

 

O GRANDE ENCONTRO MASCOTEIRO  DO  RESÍO
 
      Tod@s os participantes tedes acadado moitos Pikeuros!
 
 

MEDIDAS DE PREVENCIÓN COVID-19 HORARIO DA SECRETARÍA DA ESCOLA

Segundo as recomendacións e os protocolos establecidos como prevención para conter o contaxio do coronavirus (COVID-19) e polo ben da saúde pública, a secretaría da esscola manterá un funcionamento a través do ecorreo ceip.virxe.rocio@edu.xunta.gal

, e os teléfonos 886120860/886120862/658715569 no horario de 10 a 12h.

Esta medida é provisiional e extraordinaria debido á actual situación.

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

MEDIDAS PREVENCIÓN COVID-19

Sequindo as recomendacións e os protocolos establecidos como prevención para conter o contaxio do coronavirus (COVID-19) e polo ben da saúde pública, a SECRETARÍA da ecola manterá a súa actividade de 10 a 13h. a través do correo electrónico, ceip.virxe.rocio@edu.xunta.gal e por teléfono, a través dos números:

886120862 e  658715569

AXUDAS MUNICIPAIS POLA CRISE DO CORONAVIRUS

# Na Casa

CROSS ESCOLAR

A nosa escola fixo a inscrición no programa Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar, coñecido como XOGADE co obxectivo de fomentar  unha práctica deportiva, educativa e saudable. Procuramos difundir os valores da competición dende unha perspectiva regrada facilitándolle ao alumnado a práctica dun deporte con grande tradición na nosa terra.

 

Nesta primeira fase, participou todo o alumnado da escola dende segundo de primaria ata sexto. Hoxe, varios alumn@s, se clasificaron para a FASE PROVINCIAL,  e posteriormente, destes, algúns ou todos se clasificarán para a fase autonómica.

 

A actividade desenvolveuse nun entorno fermoso, o Parque de Castrelos, e gozamos dunha xornada matinal marabillosa.

 

Se premedes na imaxe podedes gozar cos distintos momentos da carreira.

 

https://photos.app.goo.gl/U7XP76ySYaNUVMBWA

 

VISITA Á BIBLIOTECA JUAN CAMPAÑEL

Os nenos e nenas de 4° e 6° de educación infantil tiveron unha saída didáctica á biblioteca Juan Compañel. Nela, o bibliotecario Cesar, comezou por ensinarlle as normas básicas que rixen este tipo de establecementos, ensinoulles as instalacións e recursos dispoñibles e cómo acceder a eles coa familia no tempo de lecer. Ademáis, contoulles un conto moi divertido e presentoulles a unha morea de personaxes que eran protagonistas noutras historias. A visita rematou coa manipulación dos contos por parte dos nenos e nenas.
Foi unha visita moi entretida e de grande interés para os cativos/as. Dende a escola, convidámosvos a ir en familia a gozar das actividades e recursos que ofrecen.

https://photos.app.goo.gl/RQS3Au2guxrcWYa18

FESTIVAL DE NADAL

Chegou o día.. Logo de moitos ensaios, hoxe tocou actuar diante dun público moi especial, as nosas familias. Esperamos que fose do voso agrado.
 Nós pasámolo moi ben!
Unha mágoa a choiva que fixo que as nosas tradicionais badaladas non poidesen ser no exterior, a pesares diso, bailamos sen parar.
Agradecer á ANPA a súa colaboración para que todo saíse fenomenal. Grazas, polo chocolate con churros, grazas polas uvas,...

Comezamos o día, coa visita do paxe real.

A continuación, deu comezo o festival, presenta o alumnado do sexto curso de primaria,

Abren o festival os máis cativos da escola, 4º EI.

Seguíronlle os de 5º EI


e para finalizar, os ECO-ELFOS DE 6º EI.

A continuación o alumnado do primeiro curso de primaria cantaron unha panxoliña coñecida por todos.

e finalizaron esta parte do festival o alumnado do segundo curso de primaria cunha obriña de teatro titulada "Os ratos e a montaña"


Chegado o descanso a ANPA ofreceu a mestres e alumnos un chocolate con churros e gozamos dun merecido tempo de lecer.
Retomouse o festival dun xeito moi festivo, o alumnado do terceiro curso cantou unha animosa panxoliña,

os de cuarto, bailaron un hip-hop

e os de quinto, representaron unha obriña de teatro do seu mestre Juan.

Para rematar, os nenos e nenas do sexto curso cantaron unha panxoliña en inglés, demostrando que somos unha escola plurilingüe.

So restaron as badaladas para dar a benvida ao ano 2020 e o baile final.

ÁRBORE DE NADAL COLABORATIVA

A nosa árbore de Nadal xa está rematada grazas a colaboración de tod@s, en especial, grazas, a un pequeno grupo de nais que estivo hoxe traballando arreo para poder rematala.
BO NADAL!

CONCURSO FOTOGRÁFICO DE NATUREZA E MEDIO AMBIENTE

Esta  actividade comezou o pasado mes de outono, xa quedan poucos días para que remate a vosa participación no concurso. Lembrade que a derradeira data dpara entregar fotografías é o día 21 de nadal.
Esta actividade é moi sinxela de facer, polo que participar é divertido. Tedes que utilizar unha cámara de video, teléfono móbil ou tablet, disparar unha imaxe e acompañala dun lema en galego que axude a espertar a conciencia ambiental.
As bases de participación son as que seguen: 
 
 
Distribuir contido

Back to top